Skip to Content

Magosto

Xogos do magosto 2023

O venres, 17 de novembro, celebramos o magosto no centro. Coma sempre antes de comer as castañas, houbo xogos para os máis pequenos (1º da ESO): brilé, comba, petanca, pano, xogos con combas, xogos con aros, xogos de carreiras, rá … etc.

 

Este ano os encargados da organización dos mesmos, foi 1º de bacharelato A.

 

   

 

Polo San Martiño magosto no instituto

O venres celebramos o tradicional Magosto no noso centro. Amais de comer castañas, aproveitamos para xogar a xogos tradicionais como o pano, a corda, as carreiras de sacos ou a petanca. Unha xornada lúdica para lembrar unha das tradicións máis importantes da nosa cultura. 

Magosto 2016.

       
     
       
 

Actividades:

        Sorriso Xogos populares para 1º de ESO organizados polo alumnado de 4º de ESO   

        Guiño Concurso de "magostoreceitas".

                               Receitas gañadoras

             Receitas gañadoras.

        Beso Música tradicional

        Canso Degustación de castañas

 
   
 

 

Reportaxe fotográfica

 

 

 

 
       

Celebramos o Magosto 2015 !!

     
   

Celebrámolo o venres 15 de novembro.

Iniciouse con xogos para 1º de ESO

 organizados polo alumnado de 4º ESO-C.

 

PARABÉNS A TODOS !!

 

 

 

O magosto é unha das festas máis típicas de Galicia, tamén se celebra noutras zonas do norte como no Bierzo (León), en Cataluña e Aragón onde se lle dá o nome de "La Castañada", en Asturias coñéceno como "Amagüestu", "Magosta" en Cantabria, "Gaztainerre" é o nome que lle dan no país Vasco, e tamén en Portugal é celebrado o "Magusto".  

 

 

    Unha vez comidas as castañas, é divertido tiznarlle a cara a todos os que están ao noso arredor.
A festa se celebra no outono, a finais de outubro ou no mes de novembro. Fanse fogueiras e nas brasas ásanse as castañas ata que o seu arrecendo se expande arredor.  
     
     
Aquí podes ver unha reportaxe fotográfica do evento
   

 

 

 

O Magosto 2014

   

Celebramos o MAGOSTO no mes de novembro, polo tempo de san Martiño.

E non poideron faltar as nosas nais e pais.

 

 

      

 
 

Fanse brasas, instálanse grellas ou tambores furados e reméxese nas castañas ate

que estean ben asadas. Todo isto coa colaboración de nais e pais.

 
 

 

A festa non estaría completa sen a práctica de xogos como o da corda, a petanca,

o pano, o brilé, etc. Todos eles dirixidos polas alumnas/os do centro.

E amenizados con boa música, a cargo de Xaime, á gaita e mais María, co tambor.

 

 

 

 
 

 Deixámosvos neste video unha mostra da nosa GRAN FESTA !!

 

 

 

 

 

O Magosto 2013

MAGOSTO 2013

Celebrámolo o venres, 15 de novembro

 

 

Encenderemos o lume ata facer brasas e asaremos as castañas!!!

ImageChef.com

 

E por suposto, a festa non sería tal sen contar coa práctica de distintos xogos:A comba, a petanca, a rá, xogos con aros o brilé, o pano...

 

 

 

Queremos agradecer a ANPA a súa colaboración no asado das castañas.

Se queres saber máis sobre a festa do magosto podes ver:

Cantigas

  • http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=pIGOcf9HlFM
  • http://www.youtube.com/watch?v=esJwVOp9IgE
  • http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=7Hdiv5byWYo
  • http://www.youtube.com/watch?v=3N6uJNT8i1M

 

Aquí tedes algúns testimonios...

 

 


"A miña experiencia como monitora dos alumnos de 1º ESO no xogo de acrosport, foi bastante boa, xa que eu coñecía bastantes alumnos que facían a actividade e entoces foi mellor, porque eu estaba de monitora nos seus grupos e eles me axudaron, comportándose ben, e non alborotando moito. Pero co primeiro grupo foi desastroso xa que non sabiamos como dirixir e foi un pouco mal, pero despois xa foi todo ben e paseino xenial"

              Antía Conde 3º ESO C

 


"Pareceume unha experiencia moi boa. Paseimo moi ben e repetiría oto ano máis"

Yago Vila González 3º ESO C

 


"Ser monitora do día do magosto pareceume moi divertido e á vez estresante... Houbo cursos bos e cursos difíciles, e como non e o mesmo mandar nós, que somos alumnos que mandar os profes que lles fan mais caso, pero ben, pareceume que ou fixemos ben, e polo meu volvería repetir, xa que me gustou tratar con nenos e mo pasei ben"

Yvone B. Casas 3º ESO D

 


"A experiencia foi horrible, aínda que me gustaba mandar os nenos porque me sentía importante. Como comprendo aos profes! porque son uns berrons e maleducados pero bo aínda así gustoume, dento do que cabe"

Jessica Sánchez 3º ESO C

Distribuir contido


by Dr. Radut