Admisión e matrícula

 

ADMISIÓN CURSO 2020/2021

MATRÍCULA DE ESO E BACHARELATO

1º ESO: 29 e 30 xuño

I-II BACH: 1 e 2 xullo

3º-4º ESO: 3 e 6 xullo

2º ESO: 7 e 8 xullo

Para formalizar a matrícula existen dúas opcións:

1º opción: Recoller o sobre de matrícula no propio centro:

• Os sobres de matrícula recóllense na conserxería do centro. Dentro do sobre xa están as instruccións.

• Deben facer un ingreso bancario e traer o resgardo ao centro no momento de formalizar a matrícula (1º e 2ºESO: 3€ para fotocopias; resto de cursos: 4€, para fotocopias e seguro escolar). Os datos bancarios figuran nas instrucións do sobre.

 

2º opción: Descargar e presentar cuberta no centro a documentación precisa: (dispoñible nesta mesma páxina):

- Escoller e cubrir, no enlace http://www.edu.xunta.gal/centros/iesalvarocunqueiro/node/930 o curso correspondente coa selección de materias.

- Un sobre branco tamaño A4 con toda a documentación requerida. Pegar no sobre, por fora, a folla anterior.

- Folla de datos pesoais.

- Folla de autorizacións.

- 10 fotografías carnet actualizadas ou fotocopias a cor, co nome detrás.

- Fotocopia do NIF, a partir dos 15 anos.

- Folla da solicitude de transporte escolar, se procede.

- Folla de solicitude de taquilla, se procede.

 

En ambos os casos débese aportar, se procede:

- Informe médico ou psicolóxico actualizado*. Unicamente se o/a alumno/a padece alguna problema de saúde que o centro deba coñecer.

- Certificación académica do curso anterior (acreditando a obtención do título de ESO cando proceda): Unicamente para alumnos novos no centro que non procedan dos centros adscritos de primaria (CEP Celso Emilio Ferreiro, CEIP Escultor Acuña e CEIP Javier Sensat).

- Acreditación da custodia e da patria potestade. Unicamente en caso de divorcio ou separación dos proxenitores. Se xa se presentou o curso pasado, aportar só unha declaración responsable de que non houbo variación de datos nese sentido (Solicitar modelo nas oficinas docentro).

- A documentación deberá estar asinada por un dos proxenitores. No caso descrito no epígrafe anterior será necesaria a sinatura de ambos proxenitores.

 

DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA PARA DETERMINADOS NIVEIS ACADÉMICOS

PARA 1º ESO e 2º ESO:

  • Copia da tarxeta da Seguridade Social (A que se presenta ao médico de cabeceira), xa que non teñen dereito ao seguro escolar ata 3º ESO.

PARA 3º ESO:

  • Folla de autorización para cursar a sección bilingúe, se procede.
  • Ao ser o primeiro ano con dereito a seguro escolar, a folla de matrícula inclúe un anexo da seguridade social que deben cubrir correctamente. O centro educativo encárgase de tramitar a tarxeta sanitaria co NUSS (número da Seguridade Social), que posteriormente, será comunicado ás familias. Débese aporta a xustificación do ingreso de 1,12 € en concepto de Seguro Escolar en ABANCA: ES91-2080-5077-9230-4001-8835. No caso de perder a tarxeta sanitaria co NUSS, a familia deberá solicitar un duplicado nas oficinas da Seguridade Social (rúa López Mora, 62, tf: 901-50-20-50).

     

    INFORMACIÓN XERAL IMPORTANTE 

  • Os alumnos con algunha materia suspensa en xuño matricúlanse no mes de setembro.

  • Se procede, é importante que actualicen os seus datos persoais respecto do ano anterior.

  • Lean as instruccións sobre o uso de TokApp e Abalar. Rogamos instalen a aplicación TokApp nos seus dispositivos móviles, pois será o medio prioritario do centro para comunicarse coas familias (faltas de asistencia, avisos importantes, etc.).

  • Consulten a lexislación correspondente sobre promación e titutlación.

     

    SÓ SE FORMALIZARÁ A MATRÍCULA CANDO SE ENTREGUE TODA A DOCUMENTACIÓN REQUERIDA. Grazas pola súa colaboración!

Novo: Listaxes definitivas do alumnado admitido/non admitido curso 2020-21. Poden consultarse no taboleiro do centro (de 10 a 13 horas) ou on line (con DNI electrónico ou chave 365)

 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO PROCEDENTE DE CENTROS ADSCRITOS. RESERVA CURSO 2020/2021

 

 Oferta de materias para o curso 2020/2021111

 

  Lexislación que regula o proceso de admisión:

 Calendario de admisión e matrícula

 

 Vacantes curso 2020/2021

 

 Criterios de baremación

 

 Centros adscritos

O noso centro

 Zonas Educativas

AdxuntoTamaño
DATOS PERSOAIS.pdf48.67 KB
DOC. LEXISLACION.BAC_.pdf178.96 KB
DOC.LEXISLACIÓN.ESO_.pdf208.6 KB
TAQUILLAS.pdf92.87 KB
TRANSPORTE.pdf76.41 KB
Presentación ANPA.pdf328.68 KB
Tarxeta.Seg_.Social.365.pdf295.23 KB
TOKAPPABALAR.pdf131.07 KB
AUTORIZACIÓNS.pdf101 KB
AutorizacionSECCIÓN BILINGÜE.pdf112.16 KB