Feliz 2024!!!

O alumnado do Bacharelato de Artes Escénicas e Música elaborou este pequeno vídeo para felicitar o Nadal a toda a comunidade educativa do IES Alexandre Bóveda.

Feliz 2024!!!

[Se non pode ver o vídeo, prema na seguinte ligazón: Felicitación Nadal]

 

Boas festas!!!

O IES Alexandre Bóveda deséxalles unhas boas festas e un próspero ano 2024!!!

Carla Ramilo Freiría (4º ESO)

 

 

Alba Cid Pérez (3º ESO)

Sabela Resúa Estévez (1º ESO)

 

Iria Iglesias Prieto (1º ESO)

Alba Iglesias Prieto (3º ESO)

 

 

 

 

 

 

Agradecemento Teatro Afundación

Ao longo deste primeiro trimestre o Teatro Afundación puxo á disposición do alumnado de Artes Escénicas algunhas entradas de libre acceso a obras teatrais da tempada de outono.

Foi así como parte do noso alumnado se marabillou coas obras Equus (19 de outubro), Miles Gloriosus (25 de outubro), Un Oscar para Óscar (21 de novembro) e Adictos (6 de decembro). 

Agradecemos a especial sensibilidade demostrada por esta entidade cara ao noso alumnado ao atender a nosa demanda.

Esperamos que o alumnado do Bacharelato de Artes Escénicas poida continuar gozando desta oportunidade única nos próximos meses. 

Kung-Fu Nadal

O Club Shen Kung-Fu que xestiona a actividade extraescolar no centro tamén quere felicitar as festas cunhas simpáticas fotos.


Nadal no centro

Este ano a Xefa do Departamento de Tecnoloxía, Elena Fernández, e as profesoras Lourdes Hermida e Rosa Varela idearon unha árbore de Nadal alternativa que tivo moito éxito entre toda a comunidade educativa. Ademais, o profesor Rafael Rodríguez instalou a súa clásica estrela de Nadal onde o alumnado puido deixar os seus desexos e propósitos para o novo ano.

Como se todo isto fose pouco, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou, por segundo ano consecutivo, o concurso de postais de Nadal entre todo o alumnado. Tamén se instalaron onda a estrela, de xeito que todos os grupos da ESO tiveron ocasión de pasar e votar polas súas postais preferidas, que logo se imprimiron e se distribuíron entre os comercios e clientela do Centro Comercial Coia 4. A acollida ao alumnado gañador do II Concurso de Postais de Nadal por parte da Xunta Directiva do Centro Comercial Coia 4 non puido ser mellor: fotos e convite a petiscosde media mañá. Así dá gusto colaborar co comercio local!

 

Primeiras sesións do Club de Lectura

O Club de Lectura do centro levou a cabo dúas sesións de encontros literarios no primeiro trimestre.

A primeira tivo lugar o luns 13 de novembro aproveitando a hora de ler e foi coordinada polo profesor Damián Súarez. A lectura escollida para o alumnado do club de 1º ESO e 2º ESO foi A avoa gánsterde David Walliams. Falaron de moitos aspectos do libro e en xeral gustoulles moito porque é moi divertido.

A segunda sesión ía destinada para alumnado de máis idade e con maior experiencia lectora e desenvolveuse durante a hora de ler do martes 28 de novembro. Nesta ocasión, o libro escollido foi Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, e a profesora coordinadora foi Mer Pérez. A través desta lectura complexa o alumnado tivo ocasión de debater sobre temas de plena actualidade.

Axiña novas citas co Club de Lectura!

 

Alexandre Bóveda

Toda a comunidade educativa do IES Alexandre Bóveda tivo a oportunidade de coñecer, dende outubro a decembro, o persoeiro que dá razón de ser ao noso centro a través dunha exposición cedida polo Servizo de Normalización do Concello de Pontevedra.

A través de varios paneis que foron variando ao longo destas semanas, fomos sabendo máis da vida e obra deste intelectual e político galego.

 

O Nadal de Shrek

Chegou o Nadal con Shrek! O alumnado de bacharelato escénico impresionounos desta volta cunha obra ambientada no Nadal. Unha delicia para os sentidos, divertida e moi diferente. Parte do alumnado de 1º ESO e 4º ESO puido asistir en primicia á estrea desta peza teatral.

Para os que non puidestes asistir, premede na seguinte ligazón: O Nadal de Shrek

Podedes seguir os traballos do bacharelato de artes escénicas premendo en Artes escénicas.

 

Distribuir contido