Con este módulo o alumnado deberá obter a formación necesaria para desempeñar as funcións de apoio administrativo e de atención á clientela, dos departamentos de compra, de vendas ou comerciais, así como de almacén, aplicando os protocolos de calidade establecidos pola empresa.

 A función de apoio administrativo abrangue aspectos como: 

– Formalización, confección, recepción e tramitación da documentación administrativa e comercial con clientela externa e interna, utilizando medios convencionais e telemáticos.

 – Uso e aplicación das diversas técnicas de comunicación para informar e asesorar a clientela, en condicións de seguridade. 

– Desenvolvemento e formalización de procesos e protocolos de calidade asociados ás xestións administrativas e comerciais. 

– Control da xestión de almacén, aplicando os sistemas de xestión de existencias. – Actividades de pagamento e cobramento, seguindo os protocolos establecidos. 

– Trámites administrativos das obrigas fiscais da empresa.