Novas COVID

Plan de adaptación COVID 19 do centro.

Enviado por Secretaría o Mar, 11/10/2020 - 11:27

Estimadas familias, teñen á súa disposición no apartado COVID 19, o plan de adaptación do centro a esta situación.

( categories: )

Casos COVID19

Enviado por Secretaría o Mér, 09/30/2020 - 09:04

     Ante a posible aparición de casos confirmados positivos de COVID19, esta dirección seguirá o protocolo establecido polas autoridades sanitarias que respecta a Lei de Protección de Datos. O centro ten que gardar a confidencialidade observando en todo momento o tratamento confidencial da identidade e datos dos casos que sexan sospeitosos ou confirmados.

     Pedimos o apoio, colaboración e esforzo de toda a comunidade educativa para minimizar aquelas complicacións que puidesen xurdir.

     Un cordial saúdo.

 

( categories: )

Estimad@s familias.

Enviado por Secretaría o Mér, 09/23/2020 - 13:04

 

Teñen á súa disposición nos apartado COVID19 (Familias) información do seu interese.

 

Un saúdo.

( categories: )

Mensaxe ás familias.

Enviado por Secretaría o Lun, 09/14/2020 - 12:02

 

Estimadas familias:

 

O inicio do curso desprazouse aos días 23, 24 e 25 de setembro segundo instrucións da consellería. Temos agora un tempo adicional para preprarar mellor a organización do novo curso na confianza de ofrecer ás vosas fillas e fillos as mellores condicións nesta situación tan excepcional.

Desde o instituto queremos mandarlles unha mensaxe de tranquilidade e dicirlles que estamos a pór todo o noso esforzo para conseguir un inicio de curso seguro e axeitado.

Proximamente informaremos dos días e horas das presentacións.

 

Un cordial saúdo.

( categories: )

Incorporación ao centro 2020-21

Enviado por Secretaría o Lun, 09/07/2020 - 18:22

Estimadas familias:

Cancélase a incorporación do alumnado ao centro. Nos próximos días publicaremos as novas datas e horarios de presentación, que desexamos sexa o antes posible.

 

 

Un cordial saúdo.

Protocolo de adaptación ao contexto COVID 19

Enviado por Secretaría o Mér, 09/02/2020 - 16:45

Consultar aquí.

Horarios espello.

Enviado por Secretaría o Xov, 11/19/2020 - 08:52

Estimadas familias:

En caso de confinamento as súa fillas e fillos seguirán o proceso de ensino segundo o horario que se publica (ver horario). Trátase do mesmo horario que teñen presencialmente no centro pero as clases durarán trinta minutos (30')  para que poidan descansar entre clases. O horario de inicio será o xa existente: 8:45 ESO e 8:55 Bacharelato.

 

Un saúdo.

( categories: )

Información medidas COVID

Enviado por Secretaría o Mér, 09/23/2020 - 12:39

 

 

Estimadas familias, pulsando aquí poden acceder ás medidas COVID19 de interese para toda a comunidade educativa.

 

Un cordial saúdo.

( categories: )
Distribuir contido