Entrega de cualificacións finais da Secundaria e extraordinarias de Bacharelato.

Enviado por Secretaría o Mar, 06/21/2022 - 14:02

 

          O xoves, día 23 de xuño, a través da aplicación AbalarMóbil, publicaranse ás 14:00 horas as cualificacións da avaliación extraordinaria de 1º e 2º de Bacharelato.

          O luns, día 27, a través da aplicación AbalarMóbil, publicaranse ás 14:00 horas as cualificacións finais da Educación Secundaria Obrigatoria.

          A entrega física dos boletíns de cualificacións, tanto da ESO como de Bacharelato, será o luns, día 27, ás 14:15 horas en candasúa titoría.

          Atención do profesorado: martes, día 28 de 9:00 a 14:00 horas.

 

          Reclamación ás cualificacións extraordinarias do bacharelato:

    • Reclamacións ante o centro: 27 e 28 de xuño (ata as 14:15 horas en secretaría)  Resolución das posibles reclamacións: mércores, día 29 ás 13:30 horas.
    • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 30 de xuño e 1 de xullo (ata as 14:15 horas en secretaría)

 

          Reclamación ás cualificacións finais da E.S.O.:

    • Reclamacións ante o centro: 28 e 29 de xuño (ata as 14:15 horas en secretaría)  Resolución das posibles reclamacións: xoves, día 30 ás 13:30 horas.
    • Reclamacións ante a Xefatura Territorial: 1 e 4 de xullo (ata as 14:15 horas en secretaría)
AdxuntoTamaño
Modelo reclamación ante Xefatura Territorial.odt120.34 KB
Modelo reclamación ante o centro.odt119.78 KB
circular_1_2022.pdf382.97 KB
anunciog0598-040321-0002_gl.pdf464.2 KB
( categories: )