Admisión de alumnado 2022-23
Enviado por Secretaría o Mar, 02/22/2022 - 12:52
Prazo e formas de presentación: do 1 ao 21 de marzo.
Presencialmente no centro en horario: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Luns á tarde de 16:30 a 18:00 horas.
Ou de forma electrónica na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado con chave 365 ou certificado dixital.
Modelo de solicitude ED550B
Documentación a presentar coa solicitude:
- Documento acreditativo do requisito de idade da alumna/o.
- Certificado oficial do expediente académico.
- Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia da/o menor, de darse o caso.
Lexislación aplicable:
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG nº 53)
- Corrección erros Orde 12 de marzo
- Orde 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013
- ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B)
- DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Información adicional:
|