Distribución de máscaras entre o alumnado matriculado na E.S.O.

Enviado por Secretaría o Lun, 11/16/2020 - 14:09

 

Estimadas familias.

 

 

No DOG nº 230,  de data 13 de novembro, publicouse a a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, secudaria e especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e e centros privados concertados no curso 2020/21.

O prazo de presentación de solicitudes é de 10 días hábiles contados a partir da data de publicación e están exentas de presentar solicitude aquelas familias que resultaron beneficiarias da axuda de material escolar.

 

A documentación a presentar é a que segue:

 

Anexos I e II desta Orde

Copia do libro de familia

(En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor)

 

AdxuntoTamaño
AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf608.65 KB
( categories: )