Presentación curso 2020/21

Enviado por Secretaría o Lun, 09/21/2020 - 10:15

 

 

    Os horarios previstos para as presentacións serán os seguintes. Ver aquí.

 

     É importante seguir as seguintes instrucións para que todo se desenvolva con normalidade:

 

  • Rógase máxima puntualidade (non entrar ao recinto escolar nin antes nin despois da hora asignada) para que non haxa acumulación de persoas diante das entradas.
  • O alumnado agardará na porta de entrada a que a titora ou titor os avise para subir ás aulas e circularán pola dereita en corredores e escaleiras.
  • O alumnado entrará só ao recinto escolar e con mascariña, non permitíndose a entrada de nais/pais ou acompañantes.
  • Ao entrar o alumnado deberá botar xerl hidroalcólico nas mans dos dispensandores que se atopan á súa disposición na entrada.
  • O alumnado fará un percorrido polo centro para que coñezan as instalacións do mesmo unha vez finalizada a presentación na aula.
  • As presentacións terán unha duración aproximada de dúas horas.

 

 

AdxuntoTamaño
presentación.pdf88.11 KB
( categories: )