Mensaxe ás familias.

Enviado por Secretaría o Lun, 09/14/2020 - 12:02

 

Estimadas familias:

 

O inicio do curso desprazouse aos días 23, 24 e 25 de setembro segundo instrucións da consellería. Temos agora un tempo adicional para preprarar mellor a organización do novo curso na confianza de ofrecer ás vosas fillas e fillos as mellores condicións nesta situación tan excepcional.

Desde o instituto queremos mandarlles unha mensaxe de tranquilidade e dicirlles que estamos a pór todo o noso esforzo para conseguir un inicio de curso seguro e axeitado.

Proximamente informaremos dos días e horas das presentacións.

 

Un cordial saúdo.

( categories: )