Skip to Content
 

 

   

 

 

Novas da Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 4 horas 37 min

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024

Mar, 01/09/2024 - 16:43
Idioma Gallego

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocatoria do programa educativo "Que non te líen, ti elixes"

Mar, 01/09/2024 - 15:47
Idioma Gallego

Resolución conxunta de 9 de xaneiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade pola que se convoca o programa educativo “Que non te líen, ti elixes” dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no curso 2023/24.

Anuncio principal: 

Convocatoria do programa educativo “Que non te líen, ti elixes”

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución definitiva de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos no curso 2023/24

Mar, 01/09/2024 - 14:08
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos durante o curso 2023/2024.

Anuncio principal: 

Resolución do 29 de setembro de 2023, pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos no curso 2023/24

Tema: 

Lingua estranxeira

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín

Convocatoria Erasmus+ para persoal de FP superior. Proxecto KA131-HED-000064182

Mar, 01/09/2024 - 13:15
Idioma Gallego

Publícase a Resolución do 27 de decembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000064182 e persoal da Dirección Xeral de Formación Profesional.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días naturais, a contar dende o día seguinte ao da publicación da presente resolución no portal educativo.

Tema: 

Programas e plans Programas europeos e internacionais

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Aulas de emprendemento na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Mar, 01/09/2024 - 13:05
Idioma Gallego

Convócase o programa de Aulas de emprendemento destinado a centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ensinanzas de Formación Profesional durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 10 de xaneiro ata o 20 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Premios a proxectos de innovación na Formación Profesional. Convocatoria 2024

Lun, 01/08/2024 - 16:36
Idioma Gallego

Publicada a convocatoria de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Premios autonómicos

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución da convocatoria do IX Concurso de Traballo por Proxectos para o curso 2022/23

Lun, 01/08/2024 - 16:27
Idioma Gallego

Xúntase o arquivo coa resolución pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme o Apartado 9 da Resolución do 13 de abril da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa no contexto do PLAN LIA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se convoca o IX Concurso de Traballos por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, para o curso 2022/2023.

Anuncio principal: 

IX Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2022/2023

Tema: 

Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocatoria para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada 2024

Lun, 01/08/2024 - 13:49
Idioma Gallego

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Tema: 

Información xeral Programas e plans

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución I Premio ConVivimos 2023

Lun, 01/08/2024 - 13:00
Idioma Gallego

Resolución definitiva  do 27 de decembro de 2023, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 8 da Resolución do 25 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convoca o I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23.

Anuncio principal: 

Resolución do 25 de setembro de 2023, pola que se convoca o I Premio ConVivimos 2023 de convivencia e benestar emocional para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2022/23

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar na convocatoria do programa Clubs de Lectura para o curso 2023/24

Lun, 01/08/2024 - 11:06
Idioma Gallego

Xúntase arquivo coa resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o Apartado 9 da Resolución do 2 do outubro de 2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dentro das actuacións para o fomento da lectura no ámbito educativo, no contextodo Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), pola que se incentiva o funcionamento de CLUBS DE LECTURA en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, For-mación Profesional e Universidades, que acollan ensinanzas de educación primaria, secundaria, bacharelato, formación profesional, tanto en réxime ordinario como de Aprendizaxe Permanente, ou Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas, durante o curso 2023/24.

Anuncio principal: 

Convocatoria dos Clubs de Lectura, en centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, durante o curso 2023/24

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Orde sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos

Xov, 01/04/2024 - 15:16
Idioma Gallego

Orde de 4 de xaneiro de 2024 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros educativos,  pola que se aproba o protocolo sobre o uso dos teléfonos móbiles e dispositivos electrónicos nos centros docentes de niveis non universitarios sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

File: 

Orde de 4 de xaneiro de 2024

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Colectivo: 

Alumnado Centros

Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA

Mér, 01/03/2024 - 12:08
Idioma Gallego

No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo o novo texto do apartado 10 quedan exentas da taxa por servizos, nas actuacións en materia de competencia profesional, ás seguintes persoas:

  • As que participen na fase de asesoramento do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.
  • As que participen na fase de avaliación de unidades de competencia do procedemento para o recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación, regulado no Real decreto 659/2023, do 18 de xullo, polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Mar, 01/02/2024 - 12:46
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).

  • As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
  • Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
  • Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas

 

Anuncio principal: 

Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado


by Dr. Radut