Skip to Content
 

 

   

 

 

Club de ciencias

Proxecto xardín

Photo

O CENTRO EN IMAXES

Clubs de lectura

Photo

Novas da Consellería de Educación

Distribuir contido
Actualizado: hace 8 horas 38 min

Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o período comprendido entre o 15 de setembro de 2023 e o 30 de xuño de 2024

Mér, 06/07/2023 - 16:21
Idioma Gallego

Normativa reguladora:

Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se convocan licenzas por formación para o período comprendido entre o 15 de setembro de 2023 e o 30 de xuño de 2024 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.

Prazo de inscrición:

Ata o 27 de xuño de 2023 (incluído)

Persoas destinatarias:

Persoal docente que pertenza aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado no período indicado en centros educativos públicos dependentes da consellería, de acordo coa seguinte prelación:

  • MODALIDADES INDIVIDUAIS

a) Persoal docente funcionario de carreira que non gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

b) Persoal docente funcionario de carreira que gozou de licenza por formación nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22) .

c) Persoal docente interino.

  • MODALIDADES DE GRUPO

Con carácter xeral estarán conformados por persoal funcionario de carreira ou con non máis do 50% dos seus compoñentes persoal docente interino, aplicarase a seguinte orde de prelación:

1º.- Todos eles sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

2º.- Algún sen licenza nas dúas últimas convocatorias (2020/21 e 2021/22).

3º.- Todos eles con licenza nas dúas últimas convocatorias 2020/21 e 2021/22).

Requisitos

As persoas candidatas á licenza por formación deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Persoal docente funcionario de carreira.

1. Estaren en situación de servizo activo e prestando servizos ininterrompidos durante os cursos 2021/21 e 2022/23, e no 2023/24 seguiren tendo destino e exercendo docencia directa con alumnado en centros docentes educativos dependentes da consellería.

2. Non teren destino en comisión de servizos durante o curso 2023/24, agás o profesorado destinado en centros de ensinanzas artísticas superiores, o persoal das escolas oficiais de idiomas e o que estea a gozar dunha comisión de servizos por conciliación da vida familiar e laboral ou por motivos de saúde.

3. Cando as persoas participantes fosen beneficiarias dunha licenza por formación nalgunha das tres últimas convocatorias, a obtención da cualificación de apto no traballo desenvolvido será condición indispensable para a obtención dunha licenza nesta convocatoria.

b) Persoal docente funcionario en prácticas

Poderá solicitar unha licenza por formación en todo caso, pero non poderá gozar dela no período efectivo das prácticas.

c) Persoal docente interino.

Para estes efectos entenderase como profesorado interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tal ata o remate do curso académico correspondente.

Modalidades:
Convócanse 3 modalidades de licenzas por formación, todas elas retribuídas, por un período total de 500 meses, de acordo coa seguinte temática e distribución:

Modalidade 1. Proxectos para a elaboración ou actualización de materiais curriculares dixitais para segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, ESO, bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial.

1.a. Proxectos individuais

Meses convocados: 130

Duración: 3 meses

1.b. Grupos de traballo de dous ou tres membros

Meses convocados: 170

Duración: dun a tres meses

Modalidade 2. Proxectos individuais ou en grupos de traballo de dous ou tres membros para a creación de cursos non presenciais para a formación do profesorado dentro do modelo competencial da Rede de Formación e do marco da Competencia Dixital Docente.

Meses convocados: 130

Duración: dun a tres meses

Modalidade 3. Proxectos individuais para a creación de materiais curriculares dixitais para os cursos de especialización das ensinanzas de FP.

Meses convocados: 70

Duración: mes e medio (entre o 15 de setembro e o 31 de outubro de 2023)

Documentación necesaria

  • Solicitude segundo o modelo do anexo II da convocatoria.
  • Proxecto de traballo que se pretenda realizar durante o período da licenza, segundo o contido do anexo IV.
  • Ademais documentación específica para cada modalidade requirida na convocatoria.

Máis información

Mail: licenzas.fprofe@edu.xunta.gal
881 99 76 35. Cuestións administrativas
981 52 24 11 (CAFI-Departamento Educación Dixital). Modalidades de Secundaria (agás FP)
981 54 02 09. Modalidades de FP

Servizo de Programas de Formación

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

 

File: 

Resolución do 6 de xuño de 2023 Temáticas preferentes modalidade 2

Tema: 

Licenzas por formación

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais e exames. Primeira convocatoria 2023

Mér, 06/07/2023 - 14:51
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas da primeira convocatoria 2023 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 15 de xuño de 2023.

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros Empresas

Convocatoria das axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, curso 2022/2023

Mér, 06/07/2023 - 10:47
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 25 de maio de 2023 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música públicas e escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro (códigos de procedemento ED314E e ED314D).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

File: 

Orde do 25 de maio de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 25 de maio de 2023 (DOG)

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de música

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Relación definitiva de persoas que se exclúen das listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da FP, EOI...

Mar, 06/06/2023 - 15:38
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 6 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se exclúen das listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de ingreso aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas, de profesores de artes plásticas e deseño e de mestres (código de procedemento ED001A), convocados mediante a Orde do 5 de decembro de 2022 e anunciada mediante Resolución do 12 de decembro de 2022 (DOG n.º 242, do 22 de decembro) ás persoas que acceden ao corpo por concurso de méritos.

  • O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra esta resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), mediante o trámite de Recurso de Reposición activado para estes efectos no procedemento normalizado ED001A utilizando a última solicitude presentada na sede co código de procedemento ED001A.

Anuncio principal: 

Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Convocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24

Mar, 06/06/2023 - 14:05
Idioma Gallego

Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 7 de xuño ao 12 de xullo de 2023.

2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 7 de xuño ao 1 de agosto de 2023.

As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.

 

File: 

Orde do 16 de maio de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 16 de maio de 2023 (DOG) Anexo I Anexo II

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24

Mar, 06/06/2023 - 14:01
Idioma Gallego

Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2023/24 (código de procedemento ED308A)(DOG núm. 106, do 6 de xuño).

Prazo para presentar solicitudes:

1. Período ordinario: do 7 de xuño ao 4 de agosto de 2023, ambos incluídos

2. Período extraordinario (só no caso de existir prazas vacantes): entre o 4 e o 8 de setembro, ambos incluidos.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal  (procedemento ED308A).

 

File: 

Orde do 16 de maio de 2023 (DOG) Anexo I Anexo II

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións provisionais. Convocatoria 2023

Lun, 06/05/2023 - 11:47
Idioma Gallego

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Período de reclamación: do 5 ao 9 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros

EduFrance: intercambio de alumnado de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia

Lun, 06/05/2023 - 11:19
Idioma Gallego

Resolución do 29 de Maio de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Acadèmiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo http://www.edu.xunta.gal.

 

Acceso á aplicación

File: 

Resolución do 29 de Maio de 2023 Pasos para cubrir a solicitude

Tema: 

Lingua estranxeira Programas e plans

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín Linguas estranxeiras

Resolución do 2 de xuño de 2023 pola que se establecen aulas de capacitación dixital en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a creación da Rede Galega de Educación Dixital

Lun, 06/05/2023 - 08:05
Idioma Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Formación profesional pola que se establecen aulas de capacitación dixital en centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a creación da Rede Galega de Educación Dixital na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

File: 

Resolución do 2 de xuño de 2023

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Centros

Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas

Ven, 06/02/2023 - 15:50
Idioma Gallego

Publicouse a Instrución 6/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2023/24.

Prazos de matrícula:

- Do 19 de xuño ao 7 de xullo, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2022/23 que desexe continuar os seus estudos no curso 2023/24.

- Do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2023, para o resto do alumnado.

Máis información: Instrución 6/2023

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Ensinanzas de idiomas de réxime especial

Departamento: 

Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocatoria pola que se establece o procedemento de selección de centros sostidos con fondos públicos que desexen participar no programa LÓVA para o curso 2023/2024

Ven, 06/02/2023 - 09:01
Idioma Gallego

LÓVA (La ópera, un vehículo de aprendizaxe) é un proxecto do Teatro Real que conta con máis de dezaseis anos de experiencia e coa participación de 18.000 alumnos/as procedentes de centros de educación primaria, secundaria, educación especial e doutros colectivos sociais. Esta iniciativa propón que o alumnado experimente a experiencia de ser membro dunha compañía de ópera que traballará ao longo de todo o curso escolar 2023/2024 co obxectivo de representar finalmente a súa propia produción operística.

Esta convocatoria vai dirixida aos centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Galicia que impartan ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial e ciclos de formación profesional básica (FP básica).

  • Os centros educativos interesados en participar no proxecto LÓVA deberán inscribirse a través da aplicación informática Fprofe, na pestana de “convocatorias”, ata o 9 de xuño de 2023 inclusive.

File: 

Convocatoria do proxecto

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Convocado concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos Centros de formación e recursos

Ven, 06/02/2023 - 08:01
Idioma Gallego

Orde pola que se convoca concurso público de méritos para cubrir postos de dirección dos centros de formación e recursos e asesorías do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.

  • O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

File: 

Convocatoria do concurso de méritos Resolución do 29 de maio de 2023 (DOG)

Tema: 

Comisións de servizo

Departamento: 

Servizo de Innovación e Programas Educativos

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2023

Xov, 06/01/2023 - 09:42
Idioma Gallego

Publicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.

A partir do 2 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2022-2023).

Tema: 

Escolarización

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación Profesional

Colectivo: 

Alumnado Centros

Axudas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea 2023 (ED301K)

Xov, 06/01/2023 - 09:36
Idioma Gallego

Orde do 11 de maio de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións públicas, en réxime de concorrencia non competitiva, a centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento ED301K) (Publicada no DOG núm. 103, do 1 de xuño de 2023).

  • O prazo límite de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

 

File: 

Orde do 11 de maio de 2023 (DOG) Extracto da Orde do 11 de maio de 2023 (DOG)

Tema: 

Información xeral Centros concertados

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Secretaría Xeral Técnica Vicesecretaría Xeral

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o 2023

Xov, 06/01/2023 - 09:16
Idioma Gallego

Orde do 31 de maio de 2023, conxunta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industría e Innovación, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento  nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2023.

 

File: 

Orde do 31 de maio de 2023 (Carácter informativo pendente de publicación no DOG)

Tema: 

Bolsas

Ensinanza: 

Universidade

Departamento: 

Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación

Colectivo: 

Alumnado

Sección: 

Boletín


by Dr. Radut