Skip to Content

Podes atoparnos en...

             

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO: INFORMACIÓN

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un procedemento para a distribución de máscaras entre o alumnado. As máscaras distribuiranse entre o alumnado cuxas familias tivesen unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018, é dicir, os requisitos son os mesmos que para ser beneficiario do vale para material escolar establecido pola Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2020/21. Polo tanto:

1) O alumnado que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar convocada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia para este curso escolar non ten que presentar a solicitude de máscaras e será beneficiario directamente da distribución de máscaras que se faga.

2) Para o resto do alumnado, ou para aquel que non presentase solicitude de Fondolibros para este curso, ábrese un PRAZO DE SOLICITUDES para a distribución de máscaras dende o 16 ao 27 de novembro, SEMPRE QUE se atope nalgún dos seguintes casos:

- Pertenza a familias cunha renda per cápita que fose igual ou inferior a 6.000 € no exercicio 2018.

- Estea suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.

O alumnado ao que non se lle concedeu a axuda de material non se lle asignarán máscaras xa que o limiar de renda para ambas axudas é o mesmo e polo tanto a súa solicitude será rexeitada.

A presentación de solicitudes farase presencialmente no instituto. A documentación mínima a presentar, por regra xeral, é a seguinte: Anexo I, Anexo II, Copia do libro de familia e, se é o caso, sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do/da menor (e orixinais para o cotexo). Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros da unidade familiar mediante un certificado ou volante de convivencia ou cun informe de servizos sociais do concello de residencia.

Lémbrase que os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31/12/2018 (agás no caso de violencia de xénero).

Teñen toda a información sobre esta convocatoria no arquivo que se achega. Facilítase tamén o modelo de solicitude (Anexos I e II).

AdxuntoTamaño
Orde distribución máscaras.pdf608.65 KB
Solicitude (anexos I e II).pdf136.44 KB


page | by Dr. Radut