Skip to Content

Letras Galegas

Para celebrar o día das Letras Galegas realizamos cada ano diversas actividades multiculturais e STE(A)M, dado que entendemos que a Cultura Galega debe medrar parella ós novos tempos, onde xunto ó teatro ou a poesía cabe o audiovisual, a programación ou a robótica.

 

  • Curso 2022/23, Francisco Fernández del Riego. Organizamos Semana das Letras, con saídas e actividades para cada nivel, así como o festival STARgal e foliada.
  • Curso 2021/22, Florencio Delgado Gurriarán. Organizamos por primeira vez a Semana das Letras.
  • Curso 2020/21, Xela Arias. Reanudación parcial do evento STARgal.
  • Curso 2019/20, Carvalho Calero. Evento telemático por mor da COVID.
  • Curso 2018/19, Antón Fraguas. Obradoiro de traxe tradicional, STARgal, Planetario "o día que naceu Fraguas", Banquete da Cachada e Xogos populares.
  • Curso 2015/16: teatro RVB na Cachada, competición galega e mostra de videoxogos, robos e curtas STARgal, exposición de retratos artístico-literarios "Deconstruíndo Cultura", visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei; camiñata e romaría en Pazo Goiáns, con música Folk e Galeoke 
  • Curso 2014/15: teatro RVB na Cachada, camiñata a Pazo Goiáns e concerto de Narf, desfile de traxes artesanais

 

  •  
  • Curso 2013/14: teatro RVB na Cachada, encontro con Marcos Calveiro, presentación da Xanela



page | by Dr. Radut