Corredor verde de insectos

E continuamos este curso co noso proxecto “Corredor verde de insectos” para o alumnado de 1º ESO. Con Zoe e Fer, monitores de Sustinea, pasamos un rato do máis divertido aprendendo de forma amena acerca da importancia dos insectos no proceso de polinización.

Convocatoria ERASMUS+. Mobilidades Marzo-Xuño 2020. Alumnado e Persoal CS

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información relativa á solicitude das bolsas.

Convocatoria ERASMUS+. Mobilidades Marzo-Xuño 2020. Alumnado e Persoal CM

Nos arquivos adxuntos tedes toda a información para a solicitude destas bolsas

Magosto 2019

Magosto 2019

A AMPA do IES 12 DE OUTUBRO organizará un magosto o próximo venres para o alumnado de ESO e FP Básica

 

XORNADA TÉCNICA DE RISCOS QUÍMICOS NOS SALÓNS DE PEITEADO E OUTROS TRATAMENTOS DE BELEZA


O alumnado de Imaxe persoal acudiu ás instalacións do ISSGA en Ourense para asistir a esta interesante actividade formativa enmarcada na Semana europea para a Seguridade e Saúde no traballo. Esta xornada técnica tivo lugar o día 25 de novembro. Ao longo da mañá desenrolánronse varias intervencións dentro das que cabe destacar dúas:
- Productos cosméticos e exposición a axentes químicos perigosos: salóns de peiteado e danos para a saúde a cargo de Lucía Ferrón Vidán, xefa da sección de Hixiene Industrial e Técnicas Analíticas do ISSGA.
- Mapa de risco químico en Asturias. Sector salóns de peiteado e outros tratamentos de beleza, a cargo de Yolanda Juanes Pérez, técnica de Prevención da Área de Hixiene Industrial do Instituto Asturiano de Prevención de Riscos Laborais.

“MEDIDAS DE PREVENCIÓN DE RISCOS ESPECÍFICOS NAS FAMILIAS PROFESIONAIS DE ELECTRICIDADE E FABRICACIÓN MECÁNICA”

Os alumnos de 1º curso de electricidade e mecanizado asistiron a un seminario sobre riscos específicos que se celebrou no noso centro o martes, 22 de outubro. Foi impartido por dous técnicos do ISSGA co ánimo de profundizar no coñecemento dos riscos profesionais máis habituais nestas profesións e identificar as principais medidas de prevención. Por suposto, o gran obxetivo da actividade foi sensibilizar ao alumnado de traballar con seguridade.

 

 

“UNHA EXPERIENCIA DE EMPRENDEMENTO NA FP: FUNGAL”

O venres 11 de outubro desenvolveuse no Centro “UNA EXPERIENCIA DE EMPRENDEMENTO NA FP: FUNGAL”, que achegou ao alumnado de ciclos formativos a experiencia de catro alumnos de formación profesional de dous institutos da Coruña fundadores da empresa Fungal.

Ademais, co ánimo de espertar a motivación do alumnado, fíxose unha dinámica de grupos. Para desenvolvela, formáronse equipos de alumnos/as de diferentes ciclos que tiveron que aportar solucións viables, en 15 minutos, a un problema que lles foi plantexado.

As fotos achegadas corresponden á posta en común das ideas dos diferentes grupos expostas polos seus portavoces.

Esta actividade foi coordinada por Serxia Lage, responsable de emprendemento do IES Fernando Wirtz Suárez de A Coruña.

A nosa Biblioteca

A Biblioteca do noso IES leva o nome dun gran poeta e ensaísta ourensán, Jose Ángel Valente. É un lugar de encontro, vivo, dinámico, aberto á comunidade. Levar adiante o traballo dinamizador é grazas ao empeño persoal e a colaboración de moita xente: alumnos, profesores, pais, que non traballan día a día na Biblioteca pero que fan da mesma un lugar mellor.

Contamos cun espazo de 85 m2 composto por 69 andeis de 2 m.x40 cms. e catro andeis de 50x60 cms., 8 mesas con seis cadeiras cada unha, dúas mesas para a xestión con ordenador e impresora, un expositor lixeiro para revistas e prensa e dúas butacas para crear un recuncho de lectura informal,  6 equipos informáticos que permiten facer traballos de investigación de aula, formación de usuarios e tratamento de información na biblioteca, andeis cun fondo de 30 cms. para  os fondos nos novos formatos (DVD, CD, programas informáticos, CD-ROM ....), canón e pantalla para proxección de audiovisuais e unha impresora para a realización de traballos do alumnado.

            Dispoñemos de máis de 8000 volumes aproximadamente, dos cales o 70% corresponden a literatura (ficción, xuvenil e clásicos) e o 30% a obras informativas. Nestes últimos cursos vaise facendo o expurgo segundo se completa a catalogación dos fondos a través do Programa Meiga. Ademais ampliouse considerablemente a sección de cómic e banda deseñada e creouse a sección de audiovisuais.

Distribuir contido