Visita ó Museo e ó xornal de La voz de Galicia

Bacharelato e  3º PMAR visitamos  Arteixo ( vimos a zona de Inditex) e visitamos con guía o Museo da Voz, a redacción, a zona de impresión (rotativas, tanques de tinta, materiais empregados...) e a zona de empaquetado e distribución do xornal.

Conmemoración Día do Libro.

Hoxe entregamos un lote de libros á gañadora do "Concurso de capas ficticias": a alumna Erea Lamas, de 2º ESO B, recibíu o premio de mans de Carlos Pérez, Coordinador de Biblioteca e profesor de CCSS. 

Noraboa!

Charla Xurxo Mariño

Este martes, 10 de abril pasou polo noso Centro Xurxo Mariño, biólogo, especialista en neurofisioloxía, quen publicou este ano o libro que recolle a súa experiencia como viaxeiro curioso: “Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo”. Desta viaxe e das súas experiencias ao longo do planeta veunos a falar ao instituto.

Cos ollos e a mente ben abertos, gozamos con Xurxo dunha viaxe incrible arredor do mundo…

 

Acto cos futuros alumnos Erasmus no CIFP A Farixa

Os centros educativos membros do Consorcio FP Ourense (IES 12 de Outubro, CIFP A Farixa, CIFP A Carballeira, CIFP Portovello) reuniron os alumnos beneficiados cunha beca Erasmus no presente curso nunha xornada con distintas exposicións de alumnos e profesores que realizaron a súa estadia en anos anteriores e alumnos visitantes de outros paises. O acto estivo presidido polos directores dos centros e representantes de Inspección Educativa.

VIAXE DIDÁCTICA A BERLÍN

Entre os días 18 e 22 de marzo un total de 49 alumnos e alumnas do noso IES acompañados de cinco profesores viaxarán a Berlín. O propósito é internarse nesta espectacular cidade cun rico pasado que se manifesta en todo o seu esplendor con fantásticos monumentos, museos e edificios que nos falan da historia máis recente de Europa.

Podedes ver o programa da viaxe didáctica pinchado aquí 

 

 

APRENDENDO TÉCNICAS DE REANIMACIÓN

O 6 de marzo o alumnado de 3º ESO e de 1º Bacharelato de Bioloxía asistiu a un taller de RCP (Reanimación Cardiopulmonar) impartido por profesionais do Servizo de Urxencias do CHUO. O taller resultou ser todo un éxito. Podedes ver as fotos no noso facebook.

Comunicado da ANPA

No arquivo adxunto podedes ler un comunicado da nosa ANPA. Dende o noso Instituto animámovos a participar! 

Entroido 2018

Xa tedes un completo resumo do Entroido 2018 no IES 12 DE OUTUBRO no noso facebook

 

Día das crepes

Con motivo da celebración francesa "La Chandeleur" (día da Candelaria) organizouse no centro unha degustación de crepes. Podedes ver todas as fotos no noso facebook

 

Distribuir contido