A Bioloxía é unha materia de opción do 2º curso de bacharelato da modalidade de Ciencias, pero tamén se pode cursar como materia específica. A lexislación oficial determina que, para cursar esta materia de forma satifactoria é necesario acreditar os coñecementos previos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato. Ademais a Bioloxía vai a formar parte da maioría dos estudios universitarios de carácter científico e dun amplo abano de ciclos formativos da Formación Profesional de grao superior.

A Bioloxía e Xeoloxía é unha materia de opción de primeiro de Bacharelato da modalidade de Ciencias, no seu currículo inclúense os contidos que van a permitir abordar con éxito os estudios posteriores das materias de Ciencias da Terra e Ambientais, Bioloxía e Xeoloxía de 2º de Bacharelato. De feito é preciso ter aprobada a Bioloxía e Xeoloxía para poder ser avaliado nas citadas materias de 2º de Bacharelato. Ademais a Bioloxía e a Xeoloxía vai a formar parte da maioría dos estudios universitarios de carácter científico e dun amplo abano de ciclos formativos da Formación Profesional de grao superior.

As Ciencias da Terra e Medio Ambiente é unha materia específica de 2º curso de bacharelato. A lexislación oficial determina que, para cursar esta materia de forma satifactoria é necesario acreditar os coñecementos previos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato.

Apuntes e actividades de Cultura científica 1ºBach

A Xeoloxía é unha materia de opción do 2º curso do bacharelato de Ciencias, pero que tamén pode cursarse como materia específica. A lexislación oficial determina que, para cursar esta materia de forma satifactoria é necesario acreditar os coñecementos previos de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de bacharelato.