Matrícula e formalización

Instrucións de matrícula e preinscrición. Curso 2020-2021

A Circular 3/2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2020/2021, dispón o procedemento que deben seguir as persoas que desexan cursar estudos nunha EOI no vindeiro curso e establece dúas quendas diferenciadas:

  • persoas matriculadas no curso 2019-2020 que continúan os seus estudos e se matriculan directamente.
  • persoas non matriculadas no curso 2020-2021, que se consideran alumnado novo e deben preinscribirse.

Lea con detimento as instrucións e consulte na conserxería ou na secretaría do centro en caso de dúbida. De non realizar os trámites dentro dos prazos establecidos, perderá o dereito á praza asignada, quedando vacante para ser asignada a outras persoas. Neste caso só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, caso de quedaren prazas vacantes.

ALUMNADO OFICIAL MATRICULADO NO CURSO 2019-2020

O alumnado matriculado no curso 2019-2020 que desexa continuar os seus estudos non ten que facer preinscrición. Seguiranse as instrucións do Anexo III da circular 3/2020:

Matrícula - Alumnado Admitido na Preinscrición

 

CONFIRMACIÓN DA MATRÍCULA DESPOIS DE ASIGNADA UNHA PRAZA NA PREINSCRICIÓN:

  1. Caso de ser admitido, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón .
  2. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
  3. Pode consultar nesta páxina a información das taxas correspondentes para que poida efectuar o pagamento.
  4. Unha vez realizado o pagamento, o alumnado deberá presentar na secretaría do centro o resgardo da confirmación de matrícula (por duplicado), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de Básico 1, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI e dúas fotografías tamaño carnet. Nese momento, o centro confirmará a matrícula.
  5. O pagamento e a presentación da documentación na secretaría deberá efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.
Distribuir contido