Condicións de acceso

Quen pode matricularse nunha escola oficial de idiomas

Neste apartado obterá información sobre quen, en que circunstancias e como matricularse nunha escola oficial de idiomas na comunidade autónoma de Galicia.

Unha escola oficial de idiomas é un centro de ensino público dependente da consellería competente en educación da Xunta de Galicia. O proceso está unificado en toda a comunidade e a matrícula está regulada polas correspondentes instrucións que, cada ano, ordenan o procedemento.

Pode matricularse calquera persoa maior de 14 anos para estudar calquera das linguas ofertadas agás, se é o caso, a primeira lingua estranxeira que esté a estudar no ensino secundario obrigatorio. Non existe unha idade máxima para matricularse e estudar unha lingua.

Consulte a información sobre o proceso para matricularse nunha Escola Oficial de Idiomas nesta ligazón. Por favor, lea coidadosamente toda a información. O procedemento é distinto para persoas que estiveron matriculadas no curso 2019-2020 que para alumnos novos. Lea con detimento qué casos teñen a consideración de alumnado novo.

Pode consultar a normativa sobre acceso, o apartado I da Circular 3/2020. na seguinte ligazón: Normativa - I.Acceso

Distribuir contido