COVID-19

A seguridade ante todo

Pode consultar aquí as Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023 publicadas pola Consellería. 

 

Protocolo hixiénico sanitario probas convocatoria ordinaria xuño 2021

 

Consúlteo nesta ligazón: Protocolo de Medidas Hixiénico Sanitarias - Alumnado

Visualice o vídeo resumo a continuación. Estas medidas son de obrigado cumprimento polas persoas candidatas.

Ventilación

O horario de todas as aulas inclúe un intervalo de 15 minutos para ventilación entre distintos grupos. Debemos engadir os tempos adicionais de ventilación para garantir a calidade do aire durante as actividades lectivas. Segundo o protocolo de adaptación á COVID publicado para este curso, para ventilar de xeito eficiente, a porta debe estar aberta. Debemos tamén considerar que no caso de temperaturas extremas invernais é mellor realizar un maior número de ventilacións de menor tempo en lugar de ter as ventás parcialmente abertas. Abrir parcialmente as ventás non facilita significativamente a renovación de aire pero baixa a temperatura e diminúe o confort.

Nesta sección publicamos a diario, se fose preciso, a información sobre os tempos adicionais de ventilación en función do tamaño da aula e a súa ocupación segundo os modelos calculados pola USC.

Informe de ventilación dispoñible: 20211025 (data: AAAAMMDD)

Documentos de funcionamento e organización do curso

Aquí atopará a relación dos documentos de funcionamento e organización do curso que afectan tanto a alumnado, profesorado e persoal non docente. Estes documentos están pendentes de actualización segundo as novas resolucións publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pregamos permaneza atento/a ás novidades.

Distribuir contido