Información xeral

Mamparas e máquina nebulizadora

Como seguramente xa víchedes na escola, temos instaladas as mamparas nos seguintes lugares de uso común:

- Salas de ordenadores: aula 20 e aula 27, o que permite que se poidan usar con seguridade ó máximo da súa capacidade.

- Mesas de agarda no hall baixo os paraugas, e no Obradoiro da biblioteca. Esta nova sala a atoparedes á vosa disposición para práctica de interacción oral con seguridade ó final do corredor sur, xusto ó lado da Secretaría.

- Na primeira foto, vedes a nova máquina nebulizadora, que se usará alomenos unha vez ó día nos espazos de uso común, e cada vez tralo seu uso nas aulas 20 e 27.

Lembrade tamén que cada vez que vos sentedes nestes espazos, debedes hixienizalos cos lenzos e o spray viricida que tendes á vosa disposición. E desbotade os lenzos nas papeleiras covid.

Por ti, por todos. Non nos relaxemos!

Concurso de Vídeos de cociña do Departamento de Francés

 

Aproveitade o inverno, as vacacións de Nadal e de Entroido para cociñar nas vosas casas e participar no concurso de vídeos de cociña do Departamento de Francés da EOI de Vilagarcía. O prazo remata o 1 de marzo do 2021. Consultade as bases debaixo do cartel. Animádevos a participar!

 

Bases I Concurso vídeos de cociña Règlement I Concours de vidéos de cuisine

 

Visita Carvalho (Calero)!

Visita Carvalho (Calero)!

Carvalho non unha vila do oeste, é unha grande cidade case descoñecida. A súa importancia é tal que podería ben ser a capital das Letras Galegas.

Como moitas urbes desta dimensión, Carvalho ten un monumento que asombra o resto da cidade. En tempos, outro dos seus barrios era o máis frecuentado tanto polos propios habitantes como polos visitantes da cidade. Na actualidade perdeu un pouco do vigor antigo.

No entanto, o interese de Carvalho non acaba aí. Como toda a grande cidade, unha das súas avenidas centrais é ocupada por pequenos teatros. Non lonxe dalí fica o Barrio da Ficción, dono de algúns espazos singulares.

Deixamos para o fin as zonas máis interesantes para o viaxante que dispón de pouco tempo. En primeiro lugar, o Barrio da Poesía, que permite paseos breves e amenos en rúas con estilos diferenciados. Completa o círculo a zona dedicada á investigación, especialmente lingüística e literaria, espallada por moitos artigos breves que convidan a pensar sobre a lingua.

A EOI de Vilagarcía EN NEGRO

 

A EOI de Vilagarcía de Arousa vén de adherirse á campaña #ennegrocontraasviolencias, de cara a cumprir os obxectivos que nos viñemos marcando no eido da igualdade entre homes e mulleres.

Coa finalidade de promover a marca da acción, durante a semana do 23 ao 27 de novembro, ademais da nosa web, as nosas redes sociais de Twitter e Instagram se tinguirán de negro.

Asemade, lanzamos hoxe, día 23 de novembro a actividade Rolda da igualdade, de participación aberta en redes. Consultade bases de participación aquí.

 

Clubs de lectura 2020-2021

Comprácenos informarvos de que xa podedes formar parte dos nosos clubs de lectura ‘Libros nas ondas’, enmarcados no noso plan de mellora da biblioteca escolar (PLAMBE) "Linguas nas ondas”.

Para participar, non dubidedes en poñervos en contacto co profesorado organizador.

Animádevos!

 

 

 

Documentos de funcionamento e organización do curso

Aquí atopará a relación dos documentos de funcionamento e organización do curso que afectan tanto a alumnado, profesorado e persoal non docente. Estes documentos están pendentes de actualización segundo as novas resolucións publicadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pregamos permaneza atento/a ás novidades.

Xustificación da mobilidade para vir ao centro

Atención:

Debido ás novas restricións de mobilidade, se vives fóra de Vilagarcía, podes seguir vindo á Escola normalmente co teu resgardo de matrícula como xustificante.

Podes imprimilo de novo desde o teu CentrosNET.

 

Renovación membros Consello Escolar - Curso 2020-2021

O curso 2020-2021, estaba previsto un proceso de renovación que foi adiado. Vexa a informacion completa nesta ligazón.

Se desexa participar, por favor, revise este apartado con frecuencia.

Consulte nesta ligazón a información da anterior renovación (curso 2018-2019).

I Concurso de microrrelato 'Linguas nas Redes' - premios

Hoxe que iniciamos as aulas, que mellor día para dar a coñecer as persoas gañadoras do I Concurso de Microrrelatos ‘Linguas nas redes’.

Se sodes unha das persoas premiadas, seguide as instrucións da última imaxe.

Parabéns! E moitas grazas a todas as persoas participantes!

 

Inicio das aulas: curso 2020-2021

As aulas para o curso escolar 2020-2021 comezarán o próximo luns, 26 de outubro.

Por mor da adaptación ao protocolo Covid, os horarios poderán verse afectados de ata 15 minutos nas entradas ou nas saídas.

Comprobe a súa aula e o seu horario nesta ligazón.

Distribuir contido