Diagnose e seguimento da convivencia escolar

Este cuestionario é unha acción da Consellería de Cultura, Educación e Universidade encamiñada á mellora da convivencia, que redundará en beneficio de cada centro educativo.

A enquisa contén entorno a 15 preguntas, incluíndo os datos estatísticos como sexo ou idade. Dependendo das respostas que se vaian dando poden ser máis ou menos, posto que non se pregunta sobre cuestións que xa se declarou previamente que non se daban ou non eran un problema no centro.

Hai preguntas estatísticas (como “sexo”, “idade” ou “nacionalidade”), pero sempre con coidado de que non sexan suficientes para identificar áspersoas concretas; preguntas sobre experiencia persoal (do tipo “fuches testemuña dalgún estrago no centro?”), e preguntas de apreciación (do tipo “paréceme que a convivencia no centro mellorou moito”).

Excepto aquelas preguntas que solicitan datos numéricos (como “idade”), a meirande parte das preguntas se responden marcando opcións, ben por elección simple ben por elección múltiple, sendo obvio cando se pode dar ou non máis dunha resposta (ademais está indicado).

Para acceder á enquisa, precisará un código anónimo que se entrega ao asistir ás aulas. Cada docente reparte os do seus grupos: Non se entregan códigos de acceso na conserxería ou secretaría.

Ligazón para acceder á enquisa: https://www.edu.xunta.gal/convpost A enquisa estará dispoñible ata o 29 de abril.