Mellorando espazos co Plambe

Xusto hoxe a nova sala da Escola, o Obradoiro da Biblioteca, transformouse neste colorido e ameno espazo de colaboración.

Sabedes onde está? Buscádeo ao final do corredor sur!

O Obradoiro da Biblioteca é a sala que, alén das restricións pola situación sociosanitaria que imperan neste momento, servirá para ter un espazo aberto ao alumnado, e á comunidade educativa en xeral, de cara á interacción e á colaboración. 

Nos vindeiros días veredes que a colocación das mesas tal e como aparece na foto de presentación mudará para adecuarse ao protocolo covid do centro.

Seguimos coa mellora dos espazos!

E para ver que outras novidades nos depara a mellora da biblioteca, animámosvos a ler o noso Plambe (Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares) 'Linguas nas Ondas'