A EOI de Vilagarcía obtén o selo de centro eTwinning

Estamos de noraboa!

A EOI de Vilagarcía acaba de recibir o selo de centro eTwinning.

Aquí podedes consultar a listaxe de centros recoñecidos nesta edición 2021-2022.

Agardamos que este recoñecemento anime á nosa comunidade docente a seguir innovando nas aulas. 

Como sabedes, eTwinning é unha rede de centros escolares de Europa, e ofrece ós equipos educativos a posibilidade de comunicarse, cooperar, desenvolver proxectos e traballar de maneira colaborativa, á vez que fomenta o sentirse parte da comunidade europea. eTwinning é un proxecto cofinanciado por Erasmus+, o programa europeo para a educación, formación, xuventude e deporte.

Podedes ver no apartado de Internacionalización da nosa web o que o noso centro leva feito con eTwinning nos pasados cursos.

Hoxe damos un pasiño máis.

Seguimos avanzando cara a internacionalización da nosa Escola.

Grazas a tódalas persoas que o fan posible.