Convocatoria Extraordinaria: Curso 2020-2021

Alumnado Oficial: convocatoria extraordinaria  - probas escritas

Alumnado Oficial: convocatoria extraordinaria - probas orais

Alumnado Libre: non hai convocatoria extraordinarias

 

Información importante para todas as persoas candidatas:

  • Se non atopa o seu nome na convocatoria das probas orais, contacte co centro no correo electrónico eoi.vilagarcia@edu.xunta.gal
  • Caso de que necesite solicitar un cambio de proba deberá presentar unha solicitude no rexistro do centro cun mínimo de sete días de antelación: cubra a "Instancia Xeral" que pode descargar de Trámites e formularios frecuentes e achegue a xustificación documental. As probas escritas de certificación non poden cambiarse. Despois de ser estudada a súa solicitude, informaráselle da concesión ou denegación do cambio.
  • Non se facilitan datas de exames por teléfono. Por favor, comprobe persoalmente as datas das súas convocatorias.
  • Siga en todo momento os protocolos de seguridade e hixiene do centro
  • Chegada a hora da proba, diríxase á aula indicada. Unha vez pechadas as portas das aulas e iniciada a proba de cada destreza, NON SE PERMITIRÁ o acceso á aula de ningunha persoa candidata.
  • Teña consigo un documento de identificación con foto (DNI, NIE, pasaporte).
  • Para as probas orais agarde na aula da convocatoria.
  • As cualificacións publicaranse en Centrosnet.
  • A data de revisión das probas será o 10 de setembro.
  • O prazo para presentar reclamacións ás cualificacións abrangue os dous días seguintes á publicación das mesmas. Deben presentarse no rexistro da secretaría do centro. Consulte o horario da secretaría do centro.