Información probas de clasificación para o Curso 2019-2020

 

Quen se pode inscribir para realizar unha proba de clasificación?

  • Novo alumnado que teña coñecementos previos e desexe matricularse na modalidade presencial nun curso distinto de primeiro.
  • Antigo alumnado que non estivera cursando estas ensinanzas nos dous últimos cursos académicos na modalidade presencial ou That’s English!; polo que non poderá matricularse nunha proba de clasificación o alumnado oficial dos cursos 2017-2018 nin do 2018-2019. Deberá ter en conta que se o resultado da proba lle da acceso a un curso que xa superou, a proba non terá efecto.

Requisitos

  • Os aspirantes ás probas de clasificación deben ter dezaseis anos, ou cumprilos antes do 31 de decembro de 2019. Excepcionalmente, se o aspirante ten catorce anos ou os cumpre antes do 31 de decembro de 2019 poderá facer a proba de clasificación dun idioma distinto ao cursado como primeira lingua na ensinanza obrigatoria no curso 2018-2019.

 

Validez das probas:

  • Os resultados son válidos para o curso no que se realizan as probas e o inmediatamente seguinte. Neste caso, os cursos 2019-2020 e 2020-2021.
  • As probas teñen validez en todas as Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia.

 

Estrutura das probas:

  • Parte escrita: inclúe proba de comprensión lectora, proba de comprensión oral, proba de expresión escrita.
  • Parte oral: proba de expresión oral. Normalmente, nunha sesión distinta das anteriores en datas e horas distintas para cada EOI. O alumnado deberá comprobar nos taboleiros do centro as datas e horario das probas. Tamén se publicarán nesta web.

 

Outra información:

  • A incorporación ao curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas no dito curso na EOI. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos niveis inferiores.
  • O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación terá que realizar tamén a preinscrición no idioma correspondente, se dexexa optar a unha praza no primeiro curso do nivel básico no caso de que non obteña o acceso por proba de clasificación a un curso ou nivel superior.
  • Normativa aplicable: Orde do 5 de agosto de 2011 (D.O.G. do 18) páxina 23378 e seguintes.

Descargue a información sobre a proba.