Maus, de Art Spiegelman, en Montag jeden Freitag 2.0

O venres 26 de febreiro, ás 20h00, teremos na biblioteca a reunión para conversar sobre a novela gráfica Maus, de Art Spiegelman.

Publicada en dous volumes, en 1986 e 1991 respectivamente, trátase dunha obra fundamental na evolución da banda deseñada como xénero. O autor narra, a partir das conversas con el, a vida de seu pai, un xudeu polaco, durante o ascenso, apoxeo e caída do rexime nazi. A demostración de que a banda deseñada non é so para nenos e que pode ser unha cousa seria.

A reunión é aberta a toda a xente e na biblioteca hai exemplares da obra en todas as linguas da escola.