Lecturas viaxeiras - verán 2020

O servizo de Biblioteca da EOI en colaboración cos departamentos de alemán e inglés pon as lecturas viaxeiras para este verán ao voso dispor na entrada da escola.

Lembrade que é un empréstito flexible que vos permite levar unha ou máis lecturas para o verán sen ter que rexistrar o empréstito en Meiga. Deberedes facer a devolución a comezos do curso 2020-2021.

Desfrutade do verán e da lectura!

Voluntariado na Biblioteca da EOI de Vilagarcía

A EOI de Vilagarcía de Arousa subscribiuse ao programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" para o curso 2019/2020.

Plan de Formación Permanente do Profesorado - Curso "Formando mediadores"

O luns 21 pola mañá contaremos no centro co experto Juan Vaello Orts que impartirá un curso sobre "Mediación". Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa da EOI de Vilagarcía (profesorado, alumnado e persoal non docente) e terá lugar no Salón de Actos de 12.00h a 14.00h.

 

8M - Día Internacional da Muller Traballadora

Para conmemorar o día Internacional da Muller Traballadora, imos crear un cartaz colectivo cos nomes de máis de duascentas mulleres da nosa EOI.

Cartaz

Clubs de lectura 2018/2019

Neste curso fomentaremos a lectura de novo a través de varios clubs de lectura:

Un club de lectura en italiano dirixido aos alumnos de A2 e B1, un club de francés dirixido aos niveis B2 e C1 e por suposto un club de lectura en inglés dirixido aos alumnos de B2 e C1. Non se descarta que a petición do propio alumnado se poidan crear outros clubs dentro das actividades propias do centro e da biblioteca para o fomento da lectura.

Títulos Certificado de Aptitude (LOGSE) e Nivel Avanzado (LOE)

As persoas que teñan solicitado os títulos correspondentes ao Certificado de Aptitude (antiguo 5º da LOGSE) e Nivel Avanzado (Avanzado 2 LOE) con anterioridade ao 01 de xullo do 2017 poden pasar a recollelos na secretaría do centro. Comprobe aquí o horario de atención ao público.

Os interesados deben presentar DNI para poder retiralo. Caso de non poder facelo persoalmente, deben autorizar por escrito a unha terceira persoa e facilitarlle copia do D.N.I.

Distribuir contido