Revisión Proba Certificación

Solicitude de revisión dunha Proba de Certificación.

Os alumnos poderán solicitar a revisión da Proba de Certificación presentando a solicitude que se achega dende a hora oficial de publicación das notas ata as 14.00 horas do día da revisión.

A solicitude enviarase ao centro por correo electrónico a eoi.ribadeo@edu.xunta.es.

Reclamación de examen.

Os alumnos poderán reclamar a súa cualificación cumprimentando o seguinte documento nos prazos establecidos pola Administración.

Procedemento para formular reclamacións sobre os resultados da avaliación.

23.1. O alumnado de todos os réximes e modalidades que estea en desacordo coa súa cualificación nas probas de promoción e de certificación poderá presentar unha reclamación ante a Dirección da escola oficial de idiomas no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

23.2. A reclamación terá que estar baseada nalgún dos seguintes aspectos:

a) Inadecuación dos obxectivos, contidos e criterios de avaliación da proba aos establecidos no currículo oficial e na programación didáctica do departamento correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos procedementos e instrumentos de avaliación e/ou dos criterios de cualificación establecidos para estas probas.

23.3. A Dirección da escola resolverá nos dous días hábiles seguintes á presentación da reclamación e ratificará ou rectificará a cualificación. Para iso, solicitará do departamento o correspondente informe, no cal deben constar as causas da ratificación ou rectificación da nota, e informará por escrito o alumnado implicado da resolución adoptada.

23.4. De continuar o desacordo coa cualificación, o alumnado ou o seu representante legal, no caso de menores de 18 anos, poderá interpoñer un recurso de alzada ante a xefatura territorial da consellería competente en materia de educación contra a resolución da Dirección da escola nun prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa recepción.

23.5. De producirse o recurso de alzada, o Servizo Provincial de Inspección Educativa solicitaralle á escola os seguintes documentos:

a) A reclamación do alumno ou alumna.

b) O informe do departamento didáctico e a resolución da Dirección.

c) O informe do profesorado responsable da avaliación.

d) A proba ou probas contra as cales se recorre e calquera outra documentación adicional que se considere pertinente.

23.6. No suposto de que o recurso de alzada se presentase ante a Dirección da escola oficial de idiomas, esta tramitará a reclamación xunto cos documentos sinalados no punto anterior nun prazo non superior a 48 horas.

23.7. A Inspección Educativa poderá solicitar a intervención de especialistas no idioma obxecto de reclamación para elaborar o informe correspondente. 

23.8. A Inspección Educativa remitiralle o informe, xunto coa copia completa e ordenada do expediente, á Xefatura Territorial, no prazo de 10 días hábiles.

 

23.9. Tras ver o informe da Inspección Educativa, a Xefatura Territorial resolverá no prazo máximo de tres meses a partir da data de presentación do recurso, esta resolución porá fin á vía administrativa.

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas:

Distribuir contido