Renuncia

Instancia de Renuncia

O alumnado poderá formular solicitude de renuncia no centro en que estea matriculado ata un mes antes do remate das actividades lectivas do curso correspondente. A mencionada renuncia constará no expediente académico do alumnado e nas actas de avaliación mediante a oportuna dilixencia, e non computará para os efectos de permanencia no curso e nivel correspondente. A renuncia á matrícula implicará a perda da condición de alumna/o e a consecuente perda do dereito a asistir ás actividades lectivas no que reste do curso académico en que renuncia.

O alumnado que renuncie á matrícula e desexe, con posterioridade, continuar os seus estudos nas escolas oficiais de idiomas deberá someterse de novo ao proceso de admisión para o mesmo nivel en que estivese matriculado.

O alumnado oficial poderá renunciar á súa matrícula ata o último día hábil do mes de abril cubrindo o documento adxunto en PDF e presentándoo na secretaría do centro. 

 

Idiomas en Ribadeo

Na escola de idiomas de Ribadeo podes estudar e aprender estes idiomas:

Distribuir contido