No curso 2021-22 as profesoras Nancy Casielles, Alicia del Rio e Patricia Conde desenvolveron un proxecto eTwinning dentro do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia na modalidade "Patrimonio cultural europeo en colaboración co programa eTwinning". Tamén participaron a Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata en Grecia, o Liceo científico Banzi Bazoli de Lecce en Italia e a Escola Profesional Beira-Aguieira de Coimbra en Portugal. O devandito proxecto ven de ser galardoado co Selo Nacional de Calidade eTwinning. Aquí compartimos a presentación:
Durante este curso a profesora Carmen Rodríguez Alonso levou a cabo co seu alumnado de Alemán-A2 na EOI de Ourense un proxecto eTwinning titulado "Deutsch in Dialogen" no que temén participaron a Escola Oficial d'Idiomes del Prat en Barcelona e o Liceum ogólnokształcące. Na recta final do seu proxecto o alumnado quere compartir algunhas pinceladas do traballo levado a cabo:
Visita do alumnado e profesorado da EOI Ourense á Escola Profissional Beira-Aguieira (Portugal) dentro do Proxecto e-Twinning. Ver infografía.
Esta visita de alumnado e profesorado forma parte do Proxecto eTwinning (marzo 2022). Prema na imaxe para ver presentación.
Prema no recadro para ler este interesante e proveitoso artículo escrito por Nancy Casielles (EOI Ourense) e Carmen Mª Fernández (EOI A Coruña).
"Unstereotyping Europe with Asterix"
Este é o proxecto eTwinning que as profesoras Alicia del Rio e Patricia Conde levaron a cabo durante este curso. O proxecto pretendía o fomento da lectura en lingua estranxeira a través dos comics. Podedes ler o proxecto AQUÍ e ver unha breve presentación AQUÍ.
QUÉ ES eTwining? - OBJETIVOS - CARNIVAL MEMORIES - CENTROS PARTICIPANTES - PROFESORADO
Prema na imaxe para ver a presentación