Taboleiro

RENUNCIA Á MATRÍCULA: PRAZO ATA O 30 DE ABRIL

As persoas que desexen formalizar a renuncia á súa matrícula na Sección de Sarria da Escola Oficial de Idiomas para o presente curso 2023-24, aínda que xa teñan manifestado verbalmente ou por escrito a súa intención de non rematar o curso, deben enviar cuberta e asinada a solicitude de renuncia que atoparán na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/system/files/Solicitude%20de%20renuncia%20%C3%A1%20matricula.pdf  

O enderezo onde achegar o documento é eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal

As persoas que non se presenten ás probas finais, se non teñen formalizada a súa renuncia á matrícula antes do 30 de abril do ano en curso, perderán unha convocatoria do número máximo de que dispoñen para superar o nivel. A renuncia á matrícula supón a perda inmediata do dereito a asisitir a clases, titorías e probas e non implica a devolución das taxas. Non se poderá formalizar a renuncia sen ter aboado as taxas na súa totalidade.

Ausencia de profesorado

Por ausencia do profesor, suspéndense as clases dos grupos A1-5, A2-5 e C1.1 de hoxe mércores 6 e mañán xoves 7 de marzo, así como a atención a biblioteca e xefatura de estudos no que resta de semana. Desculpen as molestias.

Ausencia de profesorado

Durante a tarde de hoxe martes 5 de marzo de 2024 suspéndense a titoría, atención de xefatura de estudos e clases dos grupos C1.1-4 e A2-5 por ausencia do profesor Antonio Iturralde.

Ausencia de profesorado

O profesor Antonio Iturralde non asistirá na tarde do mércores 21 de febreiro de 2024.

Ausencia de profesorado

Suspéndense as clases da tarde do luns 5 de febreiro de 2024 do profesor Antonio Iturralde. Desculpen as molestias.

AUSENCIA DE PROFESORADO

Suspéndense as clases dos grupos C1.1-4 e A2-5 así como a atención á xefatura de estudos e titoría da tarde do martes 16 de xaneiro de 2024 por ausencia do profesor. Desculpen as molestias.

Xuntanza lúdico-didáctica "2nd School Mingle" da Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas. Xoves 23 de novembro de 2023

 

Evento aberto a toda a comunidade escolar da Extensión da EOI en Sarria e do IES Gregorio Fernández. No hall da parte do instituto que da ás pistas deportivas, a partir das 19:45 horas do xoves 23 de novembro, coincidindo coa celebración do Thanksgiving.

Pensado para socializar e desfrutar de música, doces e biscoitos caseiros e bebidas sen alcohol e dun espazo informal de cesión e simulación de compra e venda, interactuando en inglés cada quen na medida das súas posibilidades. Remataremos cun bingo en inglés con premio.

Achega a túa contribución voluntaria de doces, biscoitos, cookies... a partir do martes 21. Podes traela a clase ou deixala na conserxaría do instituto. O día do evento podes traer roupa, complementos, DVDs, CDs, libros ou outras cousas en bo estado que queiras doar para animar o mercadiño (flea market). Porémoslles un prezo en mock dollars, a única moeda de curso legal na School Mingle.  

Ex-alumnado de anos anteriores e outr@s fans tamén benvid@s!

Máis información nos foros das aulas virtuais, falando co profesorado da EOI en Sarria ou escribindo a eoi.lugo.sarria@edu.xunta.gal.

Come on! You're all welcome!

 

PRESENTACIÓN E COMEZO DAS CLASES

A presentación e comezo do curso 2023-24 na Extensión de Sarria terá lugar para cada nivel a partir das mesmas datas publicadas pola EOI de Lugo.

É importante a asistencia a esta primeira sesión de clase, xa que nela facilitarase información importante para o curso.

 

Estas son as datas e horas de comezo do curso para os grupos de inglés da Extensión de Sarria:

MARTES 12 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE C1.1

MÉRCORES 13 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.1

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 18 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.2

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE A2

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-11

VENRES 15 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-10

LUNS 18 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DE CURSO DO GRUPO DE A1 (PRINCIPIANTES)

Syndicate content