Documentación, Taxas e procedemento de pagamento

Requisitos:

  • Idade: é preciso ter 16 anos cumpridos antes do 31.12.2024. O alumnado de 14 e 15 anos só poderá matricularse nas probas de idiomas diferentes á súa 1ª lingua estranxeira na ESO.

  • A qué nivel me presento? Non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un superior.

  • Convocatorias: o alumnado libre ten dereito a realizar un único exame por convocatoria.

Procedemento: 

  • Realizar unha solicitude para cada idioma e nivel no que se desexe matricularse.

  • Acceder á ligazón e seleccionar matricularse nas probas de certificación que lle interesen.

    • a) Para os niveis B2 e C1 de alemán, francés, galego, inglés, italiano e portugués seleccionar todos os centros en que se van adminstrar as probas, de acordo coa súa orde de preferencia.

    • b) Para o resto dos niveis e idiomas seleccionar unicamente a escola onde se queira realizar a proba.

  • Pagar as taxas. (Para os cursos B2 de C1, esperar a saber en que escola foi admitido, e seguir as indicacións desa escola). A información sobre como pagalas aparece máis abaixo.

  • Formalizar a súa matrícula enviando a documentación dentro do prazo establecido a través da aplicación https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre.

Documentación que se debe presentar: 

  • Resgardo de matrícula libre que emite a aplicación (emite 2 copias automaticamente)

  • Resgardo de pagamento (Modelo 730 ou 731)

  • Fotocopia do DNI / NIE

  • Menores de 16 anos: certificado do seu centro no que se indique a súa 1ª lingua estranxeira na ESO. Descargue aquí o modelo editable.

  • De ser o caso, xustificante do dereito á exención de taxas (minusvalía, familia numerosa, profesorado etc.)

  • De ser o caso, solicitude de adaptación das probas e certificado de discapacidade. Ligazón

 

TAXAS

Consulte como aboar as taxas aquí.