Taboleiro

PRESENTACIÓN E COMEZO DAS CLASES

A presentación e comezo do curso 2023-24 na Extensión de Sarria terá lugar para cada nivel a partir das mesmas datas publicadas pola EOI de Lugo.

É importante a asistencia a esta primeira sesión de clase, xa que nela facilitarase información importante para o curso.

 

Estas son as datas e horas de comezo do curso para os grupos de inglés da Extensión de Sarria:

MARTES 12 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE C1.1

MÉRCORES 13 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.1

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 18 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE B2.2

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO DE A2

XOVES 14 DE SETEMBRO, ÁS 20 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-11

VENRES 15 DE SETEMBRO, ÁS 16:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DO GRUPO B1-10

LUNS 18 DE SETEMBRO, ÁS 20:00 HORAS, PRESENTACIÓN E COMEZO DE CURSO DO GRUPO DE A1 (PRINCIPIANTES)

OFERTA E MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-24

INGLÉS - SARRIA. Oferta de grupos para o curso 2023-24:

IN-A1-5  (iniciación)

20:00 - 22:00

Luns e mércores

IN-A2-5

20:00 - 22:00

Martes e xoves

IN-B1-10

16:00 - 18:00

Martes e venres

IN-B1-11

20:00 - 22:00

Martes e xoves

IN-B2.1-6

20:00 – 22:00

Luns e mércores

IN-B2.2-6

18:00 – 20:00

Luns e xoves

IN-C1.1-4 (avanzado)

16:00 - 18:00

Martes e xoves

 

O NOVO ALUMNADO QUE RESERVOU PRAZA PREINSCRIBÍNDOSE ENTRE O 26 DE XUÑO E O 9 DE XULLO EN www.eoidigital.com/preinsxunta PODE MATRICULARSE ENTRE O 11 DE XULLO E AS 12:00H. DO 21 DE XULLO. 

As persoas que non reservaron praza poden aínda matricularse nas prazas vacantes que queden en todos os grupos a partir das 13:00 horas do 21 de xullo. Para acceder á matriculación na Extensión de Sarria deben ir a: 

  https://www.informaticacentros.com/centrosnet/libres_mat/index.php?tcen=EXT&cen=LU5

A MATRICULACIÓN FAISE A TRAVÉS DA INTERNET. TODA A INFORMACIÓN E ANEXOS ESTÁN DISPOÑIBLES NA PÁXINA WEB DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS DE LUGO. 

Publicación dos resultados da avaliación ordinaria 2023

Os resultados das probas da avaliación ordinaria do curso 2022-23 estarán accesibles para o alumnado ás 23:59 horas do venres 16 de xuño de 2023. 

CONCURSO DE RECENSIÓNS EN INGLÉS "ENJOY LOCAL 2023"

O xurado do concurso, tras examinar as recensións admitidas e tras longa deliberación, decidiu declarar persoas gañadoras ex aequo a:

María Lago Díaz, estudante de 1º de CXMA no IES Gregorio Fernández e Diego Losada González, estudante de B1 de inglés na Extensión de Sarria da Escola Oficial de Idiomas de Lugo.

As devanditas persoas recibirán cadanseu vale de compra nun establecemento local por valor de 15 euros e o seu correspondente diploma persoalizado en inglés co comentario do xurado como gañadoras. Recibirán a través do seu profesorado nos próximos días a información sobre a data e lugar da entrega do premio.

Parabéns e moitas grazas a todo o alumnado participante polo excelente nivel dos seus traballos e tamén ao profesorado dinamizador polo seu interese e as súas achegas, moi especialmente ao departamento de inglés do IES Gregorio Fernández e á profesora Isabel Lorigados da nosa Extensión de Sarria.

 

Acceso á plataforma CentrosNet

  • Usuario: número de expediente
  • Contrasinal: DNI sen letra
  • Contraseña personal de alumno: novo contrasinal.

Distribuir contido