Probas

Xuño 2022: informacións importantes sobre as probas extraordinarias escritas e orais de promoción e certificación na Extensión de Sarria

Débese lembrar que as probas orais poden ter lugar en datas anteriores ou posteriores ás probas escritas.

. As notas das probas da convocatoria ordinaria estarán dispoñibles para o alumnado en CentrosNet o martes 14 de xuño dende as 23:00 horas. Para calquera dúbida deberán consultar co seu profesorado.

. A revisión de exames da convocatoria ordinaria, para o alumnado non apto que desexe facela, será o 15 de xuño. Atenderase ao alumnado individualmente por orde de chegada entre as 17:00 e as 18:30 horas.

. O día da proba oral o alumnado deberá presentarse puntualmente á hora da convocatoria NO EXTERIOR DO EDIFICIO, DIANTE DA ENTRADA PRINCIPAL, onde o profesorado fará os chamamentos, informará da hora aproximada de exame para cada parella e baixará  buscala e acompañala á aula cando lle chegue o seu turno. 

. Consérvase o aprobado das partes superadas na ordinaria. Recoméndase aos candidatos a certificación a lectura da Guía Informativa do seu nivel na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33374  

. O día das probas escritas da convocatoria extraordinaria é aconsellable chegar con algúns minutos de adianto á hora de comezo da parte ou partes das que precisan examinarse. 

As horas estimadas de comezo de cada parte da proba escrita en Sarria son as mesmas que na sede da EOI en Lugo. Pódense consultar nesta ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/system/files/Ingles%20extraordinaria%20.pdf  

O alumnado esperará no exterior do edificio a que o profesorado indique que poden acceder ordeadamente á aula de exame. Nos intervalos entre as diferentes partes das probas escritas só se poderá saír da aula para ir ao baño de xeito ordeado.

.  Antes e despois das probas tanto escritas coma orais o alumnado non debe permanecer no interior do centro. Non se pode esperar nas portas das aulas nin quedar nos corredores nin no vestíbulo. PRÉGASE O MÁXIMO SILENCIO NO CENTRO E ARREDORES PARA NON INTERFERIR NAS AUDICIÓNS DOUTRAS PERSOAS.

. As notas das probas da convocatoria extraordinaria estarán dispoñibles para o alumnado en CentrosNet o 29 de xuño dende as 21:00 horas. Para calquera dúbida deberán consultar co seu profesorado. 

. revisión de exames da convocatoria extraordinaria, para o alumnado non apto que desexe facela, será o 30 de xuño. Atenderase ao alumnado individualmente por orde de chegada entre as 17:00 e as 18:30 horas.

.  En cumprimento das recomendacións das autoridades sanitarias e da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, recoméndase o USO DE MÁSCARA DURANTE AS PROBAS TANTO ESCRITAS COMA ORAIS E NOS ESPAZOS INTERIORES, ademais da hixiene de mans á entrada na escola e o respecto da DISTANCIA INTERPERSOAL en todo momento.

Na seguinte ligazón atópase o protocolo de MEDIDAS HIXIÉNICO-SANITARIAS E ORGANIZATIVAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO PARA REALIZAR AS PROBAS DE CERTIFICACIÓN E PROMOCIÓN 2022 da EOI de Lugo, que cómpre ler e respectar en todo canto sexa aplicable á sede de Sarria e non referido só ao edificio da Escola en Lugo e ao seu alumnado.

http://www.edu.xunta.gal/centros/eoilugo/system/files/Protocolo%20exames%202022%20maio-xu%C3%B1o.pdf

DATAS E HORAS das probas extraordinarias de Promoción e de Certificación 2022 na Extensión de Sarria

Consulta no ficheiro adxunto o calendario da convocatoria extraordinaria de exames orais e escritos de 2022 na Extensión de Sarria. 

PROBAS DE PROGRESO - MARZO 2021 SECCIÓN SARRIA

Podedes consultar as datas das probas de progreso no documento adxunto máis abaixo.

Estas probas de MARZO faranse en horario de clase nas aulas ordinarias (agás adaptacións *ver documento).

EXAMES CERTIFICACIÓN - CONVOCATORIA ORDINARIA SETEMBRO 2020

Premendo no documento adxunto podedes consultar o calendario de probas de certificación da convocatoria ordinaria. 

Distribuir contido