O calendario escolar na Extensión de Sarria é o mesmo que na Escola Oficial de Idiomas de Lugo, agás os respectivos festivos locais, que atinxen só ao concello de Sarria ou ao de Lugo, e aqueles días en que, de ser o caso, as instalacións do IES Gregorio Fernández estiveren pechadas consonte o seu calendario ou outras circunstancias.
INFÓRMACIÓN PARA O ALUMNADO DA EXTENSIÓN DE SARRIA: O LUNS DÍA 5 DE DECEMBRO E O MÉRCORES 7 DE DECEMBRO DE 2022 SON PARA NÓS DÍAS LECTIVOS E TEREMOS CLASES CON NORMALIDADE NAS AULAS DA EOI EN SARRIA.
O DÍA NON LECTIVO DESTE CURSO PARA NÓS, COINCIDINDO CO I.E.S. GREGORIO FERNANDEZ, SERÁ O MARTES 2 DE MAIO DE 2023.
PRESENTACIÓN E COMEZO DAS CLASES DE INGLÉS DO CURSO 2022-23 NA EXTENSIÓN DE SARRIA DA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS
Terán lugar no primeiro andar do Instituto de Ensinanza Secundaria Gregorio Fernández, na rúa Castelao s/n en Sarria, nas seguintes datas e horas:
LUNS 12 DE SETEMBRO
Ás 18:00 h. B2.2 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
MARTES 13 DE SETEMBRO
Ás 16:00 h. B1-10 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 16:00 h. C1.1 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
XOVES 22 DE SETEMBRO
Ás 20:00 h. B1-11 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 20:00 h. A2 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
LUNS 26 DE SETEMBRO
Ás 20:00 h. B2.1 coa profesora Isabel Lorigados na aula 120
Ás 20:00 h. A1 co profesor Antonio Iturralde na aula 119
É importante a asistencia, xa que se dará toda a información sobre os cursos e a avaliación e comezarán as clases en todos os grupos.