Modalidades de estudo

1. Cursos ordinarios
 
Neste curso académico 2015-16 os cursos ordinarios de inglés que se imparten na Extensión de Sarria son anuais, con 130 horas de duración (de setembro a xuño) e repartidas en tres sesións semanais de 1,5 horas.
O plan de estudos deste idioma articúlase en tres niveis e seis cursos:
a) Nivel básico: dous cursos (1=nivel A1 do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MECRL) e 2=nivel A2 do MECRL).
b) Nivel intermedio: dous cursos (1 e 2=nivel B1 do MECRL).
c) Nivel avanzado: dous cursos (1 e 2=nivel B2 do MECRL).
En resumo:
Nivel
Cursos
MECRL
BÁSICO
 
Básico 1
A1
Básico 2
A2
INTERMEDIO
 
Intermedio 1
 
B1
 
Intermedio 2
AVANZADO
 
Avanzado 1
 
B2
 
Avanzado 2
 
 
2. Alumnado libre.
Nos meses de marzo e/ou abril ábrese o período de matrícula para as persoas que queren obter os certificados da EOI examinándose por libre (sen dereito a asistir ás clases). O alumnado libre pode matricularse en calquera nivel das probas de certificación.

Proxectos

Erasmus

2018-19: FalArte

2017-18: Alimentación e saúde

2016-17: Viaxar