Renuncia de matrícula
- O alumnado poderá solicitar a renuncia de matrícula.
- A renuncia é efectiva desde o momento en que se tramita a solicitude, polo que o alumado que renuncie non poderá asistir a clase desde ese momento.
- A primeira renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia. A permanencia no curso e nivel correspondente está limitada ao doble de anos académicos dos que conste o nivel.
- A renuncia non implica a devolución das taxas aboadas
- O alumnado que renuncie á matrícula perde a condición de alumnado de continuación e, por tanto, se despois desexa continuar os seus estudos, deberá someterse de novo ao proceso de admisión
- Para solicitar a renuncia á matrícula deberá cubrir e asinar este formulario e presentalo antes do 30 de abril na secretaría do centro (eoi.lugo.secretaria@edu.xunta.gal).