View podcast: Radio Rochoteca - A radio da EOI de Lugo


Title Fonema Cinema Radio #1 – O CORNO
Summary

Con este primeiro episodio en galego sobre "O Corno" arranca FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Codex Cinema de Lugo.

"O Corno" é unha longametraxe galega de Jaione Camborda (Donostia, 1983) que foi premiada na edición 71 do Festival Internacional de Cinema de San Sebastián (SSIFF), celebrada en setembro de 2023. A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu a unha proxección do filme nos Codex Cinema pouco despois. Neste podcast, gravado nesas datas, alumnado e profesorado da escola comparten as súas impresións sobre a película e os temas que se tratan nela. Un deses temas é, sen dúbida, a sorodidade. Estando no mes do Día Internacional da Muller, as reflexións deste faladoiro están de actualidade. Ademais, Janet Novás, que interpreta a María en "O Corno", vén de ser recoñecida co Premio Goya á mellor actriz revelación.

Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable!

Media file
Created Xoves, 14 de Marzo de 2024, 13:05
Last updated Xoves, 14 de Marzo de 2024, 13:05
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #2 – JE VERRAI TOUJOURS VOS VISAGES
Summary

Este é o segundo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado e profesorado do departamento de francés comparten as súas impresións nesta lingua sobre o filme "Je verrai toujours vos visages", realizado por Jeanne Herry e presentado nas salas españolas co nome "Las dos caras de la justicia". A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu á proxección da película nos Codex Cinema en novembro de 2023, mais neste faladoiro escoitáronse reflexións atemporais sobre a xustiza restaurativa que recentemente cobraron actualidade co 20 aniversario dos atentados do 11M, por exemplo. "Je verrai toujours vos visages", ademais, foi un dos filmes máis destacados na última edición dos Premios César do cinema francés. No faladoiro participaron Victoria Bresca, auxiliar de conversa do departamento de francés, e dous alumnos Ramón García e Silvia Amoedo.

Se non viches a película, advertimos de que hai spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! Sobre todo en versión orixinal.

Media file
Created Xoves, 4 de Abril de 2024, 14:58
Last updated Xoves, 4 de Abril de 2024, 14:58
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #3 – DAS LEHRERZIMMER
Summary

Este é o terceiro episodio de FONEMA CINEMA RADIO, UN FALADOIRO DE PELÍCULA realizado por alumnado e profesorado da EOI de Lugo na biblioteca, dentro da programación de Radio Rochoteca, a partir do visionado de filmes nos Códex Cinema de Lugo.

Alumnado e profesorado do departamento de alemán comparten as súas impresións nesta lingua sobre o filme „Das Lehrerzimmer“, realizado por İlker Çatak e presentado nas salas españolas co nome "Sala de profesores". A comunidade educativa da EOI de Lugo asistiu á proxección da película nos Codex Cinema en xaneiro de 2024, mais neste faladoiro escoitáronse reflexións atemporais sobre o contexto educativo e o labor docente. „Das Lehrerzimmer“ foi estreado na edición 73 da Berlinale, e escollido por Alemaña como filme candidato aos Oscars, na categoría de mellor película estranxeira. No faladoiro participaron María José Veiga, profesora do departamento de alemán, e tres alumnos de niveis B1.2 e C1.1, Laura IglesiasFernando Barro e Olga Rodríguez.

Se non viches a película, advertimos de que pode haber spoilers. Xa estás tardando, é moi recomendable! Sobre todo en versión orixinal.

Media file
Created Xoves, 18 de Abril de 2024, 12:28
Last updated Xoves, 18 de Abril de 2024, 12:28
Etiquetas
Ver
Title Fonema Cinema Radio #4 - THE OLD OAK
Summary

Neste novo episodio de FONEMA CINEMA RADIO, alumnado e profesorado do Departamento de Inglés comparten as súas impresións sobre o último filme de Ken Loach, "The Old Oak", despois de velo na gran pantalla dos Codex Cinema, no marco da actividade cultural Fonema Cinema.

Media file
Created Luns, 20 de Maio de 2024, 09:07
Last updated Luns, 20 de Maio de 2024, 09:07
Etiquetas
Ver
Title Franco Battiato: Alexander Platz
Summary

O alumnado de B2 de Italiano da EOI de Lugo rende homenaxe a Franco Battiato.

Media file
Created Luns, 23 de Maio de 2022, 11:41
Last updated Luns, 23 de Maio de 2022, 11:41
Etiquetas
Ver
Title Franco Battiato: Concerto Vigo
Summary

O alumnado de B1 de Italiano da EOI de Lugo rende homenaxe a Franco Battiato.

Media file
Created Luns, 23 de Maio de 2022, 11:40
Last updated Luns, 23 de Maio de 2022, 11:40
Etiquetas
Ver