Trámites e xestións: títulos e diplomas

Os "certificados de nivel", en formato de título ou diploma, pódense obter unha vez o alumnado teña superado o nivel correspondente. Son de dous tipos.

A. Diplomas dos niveis A1, A2, B1 (plan 2016), Intermedio-B1 e C1 (plan 2007) e Ciclo Elemental (plan 1988)

De acordo co artigo 11.9 do Decreto 81/2018 do 19 de xullo, co artigo 16 da Orde do 8 de setembro de 2008, e co artigo 11 do Real Decreto 967/1988 do 2 de setembro, respectivamente, é a EOI quen debe expedir os certificados destes estudos. 

A EOI de Santiago de Compostela emite de oficio estes certificados unha vez rematado o curso académico e no último trimestre de cada ano, e está en disposición de entregalos a partir de xaneiro do ano seguinte.  

 

B. Titulos dos niveis B2, C1 e C2 (plan 2016), Avanzado-B2 (plan 2007), e Ciclo Superior (plan 1988)

De acordo coas mesmas normas será a Xunta de Galicia, previa solicitude na secretaría do centro onde se cursaron e o pagamento da taxa correspondente, a que expida os certificados de nivel dos seguintes estudos: Intermedio-B2, Avanzado-C1 e Avanzado-C2 [plan 2017]; Nivel Avanzado (B2) [plan 2006]; Ciclo Superior [plan 1988].

Para solicitar este título deberá:

1. cubrir este formulario de solicitude (debe cubrirse un formulario por idioma e nivel)

2. pagar a taxa correspondente (25,40 €) mediante o impreso de liquidación AI, usando os seguintes códigos:

  • Consellería de Educación, Universidade e FP: 07
  • Delegación de Servizos Centrais: 13
  • Servizo de Ensino Medio: 03
  • Taxa: Expedición de títulos académicos e profesionais: 302003

O impreso de autoliquidación pódese xerar na seguinte ligazón: Oficina Virtual Tributaria da ATRIGA (en Cidadáns>Pago de taxas e prezos>Iniciar taxa>Descargar modelo)

3. achegar o formulario cuberto, o xustificante de pagamento e unha copia actualizada do DNI ao correo secretaria@eoisantiago.org

Estes certificados de nivel tardan 2-3 anos en expedirse. A escola informará aos solicitantes cando estean dispoñibles para recoller. Recorde que, na maioría dos casos, pode acreditar o seu nivel presentando unha certificación académica de expediente.