Preinscrición ao curso de iniciación de alemán para FP (2023-2024)

O Departamento de Alemán ofrece un CURSO DE INICIACIÓN AO ALEMÁN PARA FP, que se impartirá na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela durante o curso 2023-2024. 

As clases serán na sede principal da EOI entre o 13 de novembro e o 31 de xaneiro, e constan de 2 sesións semanais de 90 min. de duración cada unha, os luns e mércores de 20:00 a 21:30 h. 

Nesta páxina pode preinscribirse cubrindo este formulario. A inscrición será confirmada pola EOI previa validación do centro de procedencia. As prazas son limitadas.

O curso podería estenderse tamén até o mes de maio, se o alumnado está interesado en continuar. 


INFORMACIÓN BÁSICA SOBRE PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

Responsable do tratamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia.

Finalidades do tratamento: Difusión e promoción das actividades indicadas organizadas polo centro.

Lexitimación para o tratamento: Consentimento outorgado polo/a interesado/a.

Exercicio dos dereitos: As persoas interesadas poderán solicitar ante o/a responsable do tratamento o acceso, rectificación, oposición, limitación, portabilidade e supresión dos seus datos, así como retirar o consentimento outorgado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común (consultar). Tamén poderán retirar o consentimento outorgado presentando a súa solicitude ante o propio centro docente. A retirada do consentimento non afectará a licitude do tratamento baseada no consentimento previo á súa retirada. No caso de menores que teñan cumpridos 14 anos ou máis, poderán exercitar estes dereitos por si mesmos. 

Contacto delegado/a protección de datos e información adicional.