Iceberg colaborativo contra a violencia de xénero

Xuntémonos contra a violencia de xénero! Cantos termos podemos dicir para colaborar co iceberg sobre violencia de xénero?

Escribe nas etiquetas de papel adhesivo termos relacionados coa violencia de xénero. Coloca as manifestacións visíbeis na parte superior e as manifestacións que non se ven debaixo do nivel da auga. Os que se sitúan na parte superior amosan aquel tipo de violencia máis visible, os que fican debaixo da auga refírense á violencia que non se ve, pero que igualmente existe.
Cada idioma ten unha cor determinada; haberá sete cores correspondentes aos sete idiomas da escola.

Colle a etiqueta da cor do teu idioma e escribe un  termo referido á violencia de xénero. Situarase na parte superior ou inferior segundo se considere violencia visible ou invisible. O resto das linguas poñerán ese mesmo termo a carón deste. Ao final ficará unha representación da violencia machista en todos os idiomas da escola o 26 de novembro na cristaleira da entrada.

Expoñerase xa o luns 19 de novembro de 2018 para que estea completo o día 25 de novembro, día da efeméride.