Estadia do profesor Geert De Troyer (Campus de Helix, Flandres)

O profesor GEERT DE TROYER participa nun proxecto Erasmus + que consiste nunha estadía de observación na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de  Compostela, do 4 ao 8 de abril do 2016. O obxetivo da estadía é coñecer prácticas innovadoras no ensino de linguas estranxeiras, así como achegarse á realidade social, cultural e lingüística de Galicia, que visita por primeira vez. Geert de Troyer é profesor de lingua francesa no ensino secundario e profesor de lingua española para adultos no centro Campus de Helix na provincia flamenca de Limburgo. Previamente a esta visita, a profesora de francés Dolores Patiño Casas, da Escola Oficial de Idiomas de Santiago, gozou tamén dunha beca Erasmus + para desplazarse a Bélxica do 19 ao 28 de outubro de 2015. No centro Campus de Helix esta profesora tivo a posibilidade de coñecer as prácticas docentes dos profesores de idiomas, así como contactar con diferentes organismos relacionados con proxectos europeos no ámbito docente e coa formación de adultos. Podes seguir a súa visita aquí.

Campus de Helix é un centro privado subvencionado que forma parte dunha rede de centros chamada Qrios, de reciente creación en Flandes, que ofrece 160 líneas de formación a máis de 11000 estudantes adultos en 40 escolas. Campus de Helix está situado a poucos kilómetros da fronteira con Holanda, na vila de Maasmechelen. Ofrece clases de idiomas, de neerlandés lingua estranxeira, así como de fotografía dixital, contabilidade, etc. Antes de matricularse nun curso de neerlandés, todo o alumnado ten que dirixirse primeiro à “Casa da Lingua Neerlandesa”, o 19 ao 28 de outubro de 2015.

No centro Campus de Helix esta profesora tivo a posibilidade de coñecer as prácticas docentes dos profesores de idiomas, así como contactar con diferentes organismos relacionados con proxectos europeos no ámbito docente e coa formación de adultos.un organismo que se ocupa de determinar o perfil do alumno para dirixilo seguidamente á escola mais adaptada ás súas necesidades. Durante a preparación da súa estadía, o profesor Geert de Troyer manifestou o seu interese por coñecer se existe en Galicia algo similar à “Casa da Lingua Neerlandesa”.