Participa no V Festival CinEOI Coruña Curtas

  1. CinEOI Coruña curtasPresenta unha curta de tema libre, dun máximo de 10 minutos, en lingua galega.
  2. Grávaa co medio dixital que ti prefiras (videocámara, cámara dixital, cámara de móbil, tableta…).
  3. Hai dúas categorías:
    • Categoría absoluta, para alumnado das EOIs da Coruña e Santiago de Compostela e da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo.
    • Categoría xuvenil e infantil, para estudantes de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato e FP dos centros públicos e concertados do Concello da Coruña e do IES Manuel Murguía de Arteixo.
  4. Gañarás un dos seguintes premios:
    • Categoría absoluta
      • Primeiro premio: 350 € (a cargo dunha empresa local)
      • Segundo premio: valorado en 250 € (Concello de A Coruña)
      • Terceiro premio: cheque regalo por valor de 200 €  (EOI de A Coruña e EOI de Santiago de Compostela)
      • Cuarto premio: 150 € (Escola de Arte Mestre Mateo)
    • Categoría xuvenil (premios outorgados por Gadis)
      • Primeiro premio: 250 €
      • Segundo premio: 150 €
      • Terceiro premio: 100 €
    • Premio á mellor música ou canción orixinal. (NOVIDADE!) Cheque regalo por valor de 60 € (Musical47). Os participantes desta categoría deben declarar mediante este modelo (doc ou pdf), que as pezas son orixinais e que ceden os seus dereitos á dirección da curta para a súa sincronización coas imaxes. Os centros educativos, persoal organizador e xurado non se fan responsables da veracidade da declaración e, polo tanto, das consecuencias legais que poida ocasionar este feito.
  5. Entrega a curta antes do luns 6 de abril de 2015.
  6. A entrega de premios será o 22 de abril na Gala CinEOI 2015 que se celebrará na EOI da Coruña. Podes consultar o programa.
  7. Se queres participar, le as bases completas na web do EDLG da EOI da Coruña.