Scottish Dance in Noia

Gústache bailar? Aprende a bailar coma un auténtico escocés!

Dous bailaríns achegarán ó alumnado aspectos do baile e da música tradicional escocesa e logo estes poderán facerlles preguntas aos bailaríns sobre aspectos relacionados co folclore e a música escocesa.

Os bailaríns interpretarán o seu baile e logo daránlle instrucións ao alumnado, que finalmente tamén bailará ao son da música.

Esta actividade está aberta a todo o alumnado da sección.

Data e hora: mércores 17 de decembro de 2014 ás 20.00 horas.

Lugar: ximnasio do IES Virxe do Mar de Noia.