Matrícula oficial: calendario (curso 2021-2022)

Aquí pode consultar os prazos de preinscrición, adxudicación de prazas, e matrícula oficial.

Recorde que a matrícula só será válida cando a secretaría do centro teña recibido e validado a documentación de matrícula. 

Se ten dúbidas sobre o procedemento de preinscrición e matrícula pode consultar a información xeral de matrícula

Alumnado oficial da EOI de Santiago de Compostela do curso 2020-2021 que continúa estudos no mesmo idioma
Matrícula (non precisa preinscrición)                                        
Alumnado de todos os idiomas APTO en XUÑO

1-9 de setembro 

Alumnado de todos os idiomas agás inglés APTO ou NON APTO en SETEMBRO

10-16 de setembro
Alumnado de Inglés APTO e NON APTO en SETEMBRO anunciarase
 
Resto do alumnado (novo acceso, acceso por traslado, proba de clasificación)
Preinscrición 
Todos os idiomas 

1-14 de setembro

Inglés procedente de proba de clasificación 2021

anunciarase

Matrícula (para prazas adxudicadas no sorteo)
Alemán, Español para estranxeiros, Francés, Galego, Italiano e Portugués (sorteo: 18 de setembro) 18-27 de setembro
Inglés
anunciarase

Se despois destas datas aínda quedaren vacantes, a EOI poderá adxudicalas con posterioridade ao peche da matrícula extraordinaria.