Calendario de exames

Para visualizar as datas de exame dun só idioma LEA AS INSTRUCIÓNS Ficheiro pdf

No calendario poderá vostede consultar:

• As datas das probas escritas de todas as linguas e niveis de Vite e de todas as seccións, incluidas as datas das probas escritas de clasificación.
• As datas das probas orais de todos os idiomas só de Vite. 

Consulte aqui as datas das probas orais das seccións (de inglés, e tamén de francés no caso da sección de Noia) 

 

As datas das probas para o alumnado de That's English, Calc e Cuale son as mesmas que as do alumnado oficial.

ATENCIÓN ALUMNADO LIBRE! Consulte aquí as datas probas escritas de certificación de todos os niveis. Teña en conta que as probas escritas de nivel B2 e C1 do alumado libre de galego e inglés son no mes de xullo. 

Prevese que as probas orais do alumnado libre de B2 e C1 de inglés e galego na última semana de xuño.  

 

IMPORTANTE! O alumnado será convocado oficialmente para realizar a proba de expresión oral no día e hora que determine o departamento correspondente. O feito de que haxa máis de un día para a realización de ditas probas, non implica que esa proba se celebre en todas as seccións nin que o alumnado poida elixir o día e hora no que se vaia presentar. Polo tanto, todo/a alumno/a deberá consultar as convocatorias ou chamamentos concretos das probas de expresión oral, que se poderán celebrar antes ou despois da proba escrita.

 

Recoméndase NON empregar o navegador Chrome para visualizar o calendario.

 
NOTA: As datas das probas son inamovibles. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita en xuño pode presentarse a dita parte na convocatoria extraordinaria de setembro. O alumnado oficial que non poida facer a parte escrita na convocatoria de setembro deberá matricularse de novo cando remate o curso. A proba oral só se poderá cambiar se o departamento ten convocado probas orais do mesmo nivel noutra data e sempre que se comunique a necesidade do cambio con anterioridade á data de celebración das probas e se xustifique dita necesidade documentalmente.