• Proxecto

    • Os obxectivos principais deste proxecto son potenciar o galego oral e escrito tanto dentro coma fóra do noso centro, procurar que a comunidade educativa desenvolva unha actitude positiva cara ao galego, identificándoo non so como unha lingua vencellada á tradición, senón tamén como unha lingua plenamente axeitada ás novas tecnoloxías e a unha vida activa e moderna, así como establecer lazos con outros organismos e persoas da contorna para poder afianzar a rede social, cultural, económica e medioambiental da nosa comarca.   

      Entre as actividades plantexadas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para o presente curso, están as seguintes:


      mantemento do noso horto urbano no patio da escola e plantación de novas hortalizas e verduras;

      - xornada micolóxica;

      - celebración do magosto;

      - club de lectura en galego;

      - conmemoración do 150 aniversario da publicación de A volta ao mundo en 80 días, de Jules Verne (proxecto de lectura da escola); lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta, de Ledicia Costas, e roteiro literario por Vigo para explorar o vencellamento do autor galo coa cidade;

      - colaboración coas actividades organizadas pola biblioteca: promoción da lectura, mercado de Nadal, concurso de microrrelatos, etc.;

      - elaboración de códigos QR cos que aprender máis sobre a vida e feitos destacables das mulleres que dan nome ás aulas da nosa escola, así como á propia escola (tamén coñecida como Ángela Ruíz Robles);

      - participación nas xornadas culturais da escola con coloquios, concertos, etc.;

      - colaboración coa revista escolar Diálogo;

      - celebración de datas sinaladas na cultura galega, como o Día de Rosalía, das Letras Galegas, etc. a través dos Recantos de Falar: espazos de conversa en galego na cafetería da escola.