Novidades

PRÉSTAMOS PARA O VERÁN

Haberá unha caixa dispoñible para as devolucións á entrada da ESCOLA para poder devolver o material emprestado en calquera momento ata do 20 de setembro.

Consultade o horario de apertura da EOI Ferrol durante o verán.

LETRAS GALEGAS 2021

Velaí as nosas interesantísimas adquisicións sobre Xela Arias, dispoñibles para levar. Ademais, á entrada da biblioteca (e ata finais de mes) atoparedes máis literatura e biografías referentes ás Letras Galegas. Animádevos !

 

CONCURSO DE MICRORRELATOS: participantes e gañadores

Na seguinte ligazón atoparedes todos os microrrelatos que participaron nesta edición co tema "O día que rematou a pandemia", inclusive os gañadores. PARABÉNS !!! E graciñas a tod@s por participar!!!

Todos os microrrelatos do concurso 2021

CONCURSO DE MICRORRELATOS

Tema : O día que rematou a pandemia

Escribe nun dos idiomas de estudo da EOI Ferrol un relato dunhas 100 palabras e envíao antes de finais de abril.

Consulta as bases para participar.

Distribuir contido