CURSOS CELGA 3 e 4

Cursos Celga 2023/2024

Datas das probas consulte aquí (PUBLICADO O 27 DE OUTUBRO)

LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS CELGA 4 (27-11-23)

CURSOS OFERTADOS

Celga 3: de setembro 2023-decembro 2023, de 11.00 a 13.30 os martes e xoves. 

Celga 4: de febreiro 2024-maio 2024, de 11.00 a 13.30 os martes e xoves. 

INSCRICIÓN TELEMÁTICA: As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da escola oficial de idiomas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O PRAZO para a presentación das solicitudes abranguerá desde:

* Do día 3 ata o 14 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre (setembro-xaneiro);

* Do día 13  ata o 24 de novembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

ADXUDICACIÓN PRAZAS:

A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do primeiro cuadrimestre realizarase en acto público, o día 17 de xullo ás 13.00 horas, na EOI de Ferrol. O día 18 de xullo o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

A obtención do número para a adxudicación das prazas nos cursos do segundo cuadrimestre realizarase en acto público, o día 27 de novembro ás 13.00 horas, na EOI de Ferrol. O día 18 de novembro o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido. 

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN:

Unha vez rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos sétimo e décimo primeiro desta resolución. (Copia do DNI/NIE, Certificado de discapacidade se é o caso)

O prazo para a presentación desta documentación será ata o día 21 de xullo de 2023, para os cursos do primeiro cuadrimestre e ata o 1 de decembro de 2023, para os cursos do segundo cuadrimestre.

A documentación presentarase telematicamente desde o enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega. As persoas interesadas responsalilizaranse da veraciadade dos documentos que presenten. As escolas poderán solicitar ao alumnado a presentación dos documentos orixinais para cotexo da copia electrónica presentada.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

DURACIÓN: 60h

Pódese ler toda a CONVOCATORIA pinchando aquí.